Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

O Tribunal Constitucional absolve dous condenados por accidente laboral ao vulnerarse os seus dereitos

21-06-2013 - ACCIDENTE LABORAL

O Tribunal Constitucional absolveu a dous arquitectos técnicos que coordinaban os labores de seguridade nunha obra de Ayamonte (Huelva) dun delito contra os dereitos dos traballadores en concurso cunha falta de lesións por imprudencia ao entender que se vulneraron os seus dereitos.

Na sentenza, o Constitucional estima o recurso de amparo presentado polos prexudicados contra a sentenza da Audiencia Provincial de Huelva que os condenaba a 9 meses de cárcere e ao pagamento dunha indemnización en conxunto cos responsables da empresa que executaba as obras de 227.371,50 a un traballador que sufriu un accidente laboral.

Os feitos tiveron lugar o 8 de xuño do 2005 cando un pintor de 21 anos, que estaba a traballar para esta empresa nunha urbanización, caeu dende unha altura duns 6,30 metros e sufriu feridas das que tardou 240 días en curarse.

Os recorrentes, ao igual que os empresarios, foron absolvidos en primeira instancia polo Xulgado do Penal número 4, limitándose a sentenza unicamente ao pagamento dunha indemnización de 39.000 euros.

Non obstante, tras o recurso da Fiscalía e a acusación particular ante a Audiencia de Huelva, esta condenounos nos termos anteriormente expostos ao consideralos responsables do delito que se lles imputaba.

 

Preventionworld.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS