Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

O TSXG condena ao Concello de Portas por non tomar medias para previr agresións.

08-02-2018 - SENTENZA

Demóstrase que non se trata dun feito illado, dunha defectuosa aplicación das medidas preventivas, senón de que non se tomou ningunha medida a pesar de constar numerosos antecedentes que facían prever esta agresión.

A traballadora social do Concello foi atacada cunha barra de ferro por un veciño, pai dunha usuaria, sufrindo fractura aberta do húmero e trastorno de tensión postraumática, que levaron á declaración de invalidez permanente absoluta.

O Concello e o INSS recorren a sentenza de instancia pola que se declara o dereito da actora a obter un incremento nun 50%; das prestacións de IT de invalidez devengadas así como das que se poidan devengar no futuro como consecuencia do incumprimento das medidas de seguridade.

Demóstrase que non se trata dun feito illado, dunha defectuosa aplicación das medidas preventivas, senón de que non se tomou ningunha medida a pesar de constar numerosos antecedentes que facían prever esta agresión, xa que o Alcalde coñecía a existencia de problemas anteriores entre a traballadora e os usuarios do servizo, ata o punto de que o propio Alcalde “en diversas ocasións… viuse na obrigación de saír do seu despacho e entrar no da traballadora social debido aos berros que se estaban producindo entre eles…”; tamén coñecía a existencia de “pintadas no edificio… que entendía que ían referidas á traballadora social agredida”; A administración empregadora tiña coñecemento de que con anterioridade á agresión sufrida pola actora a mesma xa sufrira ataques á súa propiedade, como danos en turismo (picadas en rodas);

A xulgadora de instancia, de maneira motivada na fundamentación xurídica, establece que ”a traballadora social estaba a recibir ameazas e insultos como consecuencia do labor realizado pola mesma” extremo do que o concello tiña “pleno coñecemento “.

O TSXG corrobora a sentenza de instancia, da que reproduce as medidas preventivas que se poderían tomar para evitar ou minimizar a agresión (accidente de traballo): “Existe un nexo causal entre os incumprimentos expresados máis arriba e a agresión, … Así, como tamén sinala a maxistrada de instancia, se a empregadora houbese, por exemplo, incrementado a vixilancia e seguridade no centro de traballo e anexos ao mesmo; ou reforzado a autoridade da demandante por exemplo, denunciando o propio Concello os incidentes acaecidos e dos que tivo coñecemento; ou proporcionado información e formación á demandante sobre como detectar e abordar situacións de conflito; ou establecido protocolos de comunicación e seguimento do servizo en relación a tales riscos, entre outras medidas posibles, parece razoable entender que ou ben o risco non se materializou, ou ben non o sería co fatal resultado acontecido”.

Por todo iso, considera “axustada á gravidade da conduta da empregadora” impoñer a recarga do 50% ás prestacións da SS, o máximo posible, ”… e iso debido a que nos atopamos, como xa se expuxo, ante o incumprimento de obrigacións fundamentais e básicas en materia de prevención de riscos, como é a non inclusión na avaliación dos riscos dun risco concorrente e especialmente relevante; cos consecuentes incumprimentos que iso leva na planificación da actividade preventiva, actividade que non se desenvolveu correctamente respecto do posto de traballo da demandante; e iso, cabe insistir, a pesar da gravidade do risco que debía ser abordado. En tal sentido, o concello non acreditou que adoptase medida algunha en relación ao risco de agresión que se derivaba da actividade desenvolvida e do posto de traballo ocupado pola demandante. Isto é, non nos atopamos ante un suposto de indebida ou defectuosa execución de determinadas medidas de prevención, senón ante un caso de meridiana inactividade ou pasividade da empleadora en relación ao risco referido”.

 

Ligazón á sentenza do TSXG do 6 de marzo de 2017

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS