Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

O Supremo considera siniestro laboral a morte dun mariñeiro ao regresar ao seu barco atracado

26-06-2014 - Accidente laboral

Tras nove anos de litixios e despois de dúas sentenzas que non lles daban a razón, os familiares dun mariñeiro de Gondomar morto en 2005 en Irlanda, cando estaba enrolado nun buque, gañaron a batalla xudicial. E fixérono no Tribunal Supremo, cuxos maxistrados ditaminaron que o falecemento deste home, ocorrido no seu tempo libre ao caerse ao mar cando regresaba ao seu barco atracado en porto, é accidente de traballo.

O 27 de outubro o barco no que estaba enrolado o mariñeiro atopábase atracado no porto  agardando a que amainase o temporal para facerse á mar, xa que o mal tempo impedía proseguir a ruta. Durante o tempo de espera, a tripulación libre de gardas, podía saír do buque. O mariñeiro falecido abandonou a embarcación e cando regresaba, ao saltar desde un barco que estaba abarloado ao seu, caeu á auga. Os servizos de salvamento rescatárono, pero non puideron facer nada por salvarlle a vida e faleceu.

Foi este sinistro un accidente de traballo? Para o Xulgado do Social número 4 de Vigo, que ditou sentenza en 2009, e para o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que o fixo en 2012, non o foi. Ambos desestimaron os recursos presentados, argumentando a Sala do Social do TSXG que non todo episodio ocorrido "en misión" -en viaxe de servizo ordenado pola empresa- "pode reputarse como accidente laboral". Os xuíces rexeitaron a tese da familia porque o sinistro sucedeu "durante o tempo de descanso" e "fóra do lugar de traballo" do mariñeiro, xa que se produciu ao saltar dun barco a outro.

Pero o Supremo non comparte este criterio. Ao contrario, sentencia que o accidente ocorreu nunhas condicións que gardan "unha íntima conexión" co traballo. Os motivos? O tribunal destaca no seu razoamento a "peculiaridade" do labor que desenvolvía o mariñeiro accidentado, nun buque que non só é o seu "centro de traballo", senón tamén o seu "domicilio" durante todo o tempo do embarque. E iso inclúe tamén os momentos en que a embarcación está atracada, como era o caso.

Por iso, os maxistrados conclúen que o falecemento se produciu "con ocasión do traballo". "É evidente que se o traballador non tivese que regresar ao barco, non tivese que exporse aos axentes lesivos determinantes da ocasionalidad 'relevante' que causou o accidente; noutras palabras, o accidente non se produciu", remarca o fallo.

A sentenza tamén profunda en que o mar, onde estaba o buque, "é un lugar potencialmente perigoso". E aquel día aínda máis polo temporal. Por iso conclúese que esas malas condicións meteorolóxicas, xunto á "arriscada" aínda que "habitual" forma de acceso ao barco, foron a causa de que o mariñeiro caese á auga. O operario asumiu o "risco" con ocasión do seu traballo. E ese risco derivou en sinistro laboral.

Fonte: Faro de Vigo

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS