Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Máis da metade das empresas non consideran o accidente de tráfico como un risco laboral.

05-10-2012 - SEGURIDADE

Os accidentes de tráfico en desprazamentos de traballo ("in misión" ou "in itínere") orixinan a terceira parte das mortes por accidentes laborais en España. Non obstante, só o 13% das empresas teñen un plan de prevención en mobilidade.

Os resultados dunha enquisa realizada por Sociedade de Prevención de Fremap entre 1.000 empresas indican que máis da metade das compañías consultadas non consideran que os accidentes de tráfico constitúan un risco laboral. De feito, e segundo este estudo, un 40% das compañías non é consciente de que os accidentes "in itinere" están considerados como un accidente de traballo.


Segundo datos do Ministerio de Traballo, unha terceira parte das vítimas mortais en accidentes laborais durante o último ano foi como consecuencia dun accidente de tráfico.

Os accidentes de tráfico no ámbito laboral poden ser "in misión” (cando o traballador está dentro da súa xornada laboral) ou “in itinere" (cando se está a desprazar dende a súa casa ao lugar de traballo ou viceversa).


Un plan de prevención laboral na área de mobilidade pode reducir sensiblemente os accidentes de tráfico no traballo, segundo demostran as estatísticas dos últimos dous anos. Non obstante, só o 13% das empresas españolas teñen un plan destas características e o 50% non imparte aos seus traballadores ningún tipo de formación en seguridade vial.


Outros datos que confirman a falta de preocupación empresarial polos temas de mobilidade laboral son que só o 42% das compañías ten en conta a climatoloxía á hora de planificar as rutas dos seus empregados e que un 70% non prevén a vixencia do carné de conducir dos traballadores que teñen que realizar rutas cos vehículos da compañía.


A metade das empresas consultadas deixan a criterio do traballador que o conduce o mantemento do vehículo da empresa. Outro dato sintomático é que, á hora de comprar as súas frotas, o 47% das empresas teñen máis en conta o prezo do vehículo que o seu equipamento e seguridade.

 

Fonte: www.prevencionar.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS