Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Informe OIT Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo

20-04-2021 - OIT

Este informe describe seis áreas principais dos sistemas de SST que requiren investimentos para que os países poidan afrontar mellor as crises e recuperarse delas, e que abarcan os principais elementos sinalados no artigo 4 do Convenio núm 187. Tamén, examina as accións e iniciativas específicas adoptadas polas autoridades, os interlocutores sociais e outras partes interesadas a nivel nacional e internacional para facer fronte ás crises e as súas repercusións.

O capítulo 1 describe os marcos normativos e políticos en materia de  SST, en particular a lexislación, os convenios colectivos no seu caso, e calquera outro instrumento pertinente en materia de seguridade e saúde no traballo (C187, artigo 4.2, a)) e os mecanismos para garantir a  observancia da lexislación, incluídos os sistemas de inspección (C187, artigo 4.2 c)). Analiza como funcionan estas políticas para garantir a  SST, incluído o papel único que desempeñaron durante a pandemia, e ata que punto a crise actual configura a lexislación e a supervisión da  SST. A crise puxo de relevo a necesidade dunha lexislación en materia de  SST que poida adaptarse a contextos imprevistos e permita dar respostas rápidas e adecuadas, permitindo así a xestión dos novos riscos emerxentes. O cumprimento da normativa tamén é importante, e os sistemas de inspección do traballo tamén deben reforzarse para poder adaptarse a estes novos retos.

O capítulo 2 aborda os marcos institucionais de SST, en particular, a autoridade ou organismo, ou autoridades ou organismos responsables da seguridade e saúde no traballo, designados de conformidade coa lexislación e a práctica nacionais (C187, artigo 4.2,  b)), así como un órgano ou órganos consultivos tripartitos de ámbito nacional para tratar as cuestións relativas á seguridade e saúde no traballo(C187, artigo 4.3, a)). Esta autoridade competente proporciona liderado, o que é fundamental durante as crises, tendo en conta de que a situación cambia e evoluciona rapidamente. Os marcos institucionais nacionais en materia de SST tamén deberían prever a colaboración cos réximes pertinentes de seguro ou de seguridade social que cubran as lesións e enfermidades profesionais (C187, Artigo 4.3,  g)), que no contexto da COVID-19 foron esenciais para manter a seguridade dos traballadores/as.

O capítulo 3 ofrece unha visión xeral da importancia e as funcións dos servizos de saúde no traballo de conformidade coa lexislación e a práctica nacionais (C187, artigo 4.3, d), o Convenio sobre os servizos de saúde no traballo, 1985 (núm. 161) e a Recomendación que o acompaña (núm. 171)), e do seu papel na prevención e resposta ás crises. Estes organismos teñen a responsabilidade de realizar avaliacións dos riscos, orientar a política e as medidas no lugar de traballo, supervisar o medio ambiente de traballo, avaliar a saúde dos traballadores/as e proporcionar servizos de saúde preventiva. En tempos de crises, os servizos de saúde no traballo están ben posicionados para responder as ameazas para a saúde no lugar de traballo, pois coñecen ben os perigos específicos aos que se enfrontan os traballadores/as do seu sector e son conscientes dos novos riscos que poidan xurdir. Desempeñaron un papel especialmente clave no sector da saúde durante a crise da COVID-19, xa que o mantemento da saúde e a seguridade dos traballadores/as foi decisivo para a continuidade dos servizos para o público.

O capítulo 4 examina a información, os servizos de asesoramento e a formación sobre  SST. Os servizos de información e asesoramento en materia de seguridade e saúde no traballo (C187, artigo 4.3( b)) son un elemento crave dos sistemas nacionais de SST, xa que proporcionan información vital e actualizada aos traballadores/as e aos empregadores/as durante o traballo rutineiro e en situacións de emerxencia. En situacións de crises como a da COVID-19, a información evoluciona rapidamente, e asegurarse de que esta información transmítese aos traballadores/as puntualmente é fundamental para a seguridade e a saúde. As campañas de promoción e sensibilización son importantes para promover a SST en temas clave. No caso da COVID-19 realizáronse campañas de sensibilización sobre temas como o risco de transmisión do virus entre os traballadores/as esenciais e o aumento da violencia e o acoso, incluída a violencia doméstica, que se rexistrou ao estar as persoas confinadas nas súas casas. A prestación de formación en materia de seguridade e saúde no traballo (C187, artigo 4.3,  c)) tamén é importante na resposta ás crises, xa que os traballadores/as deben estar capacitados para adaptarse se se producen cambios na organización do traballo e aplícanse novos procedementos.

O capítulo 5 céntrase na recompilación de datos e as investigacións en materia de  SST. A investigación en materia de seguridade e a saúde no traballo (C187, artigo 4.3, e)) e os mecanismos para a recompilación e a análise dos datos relativos ás lesións e enfermidades profesionais (C187, artigo 4.3,  f), así como o Protocolo de 2002 relativo ao Convenio sobre seguridade e saúde dos traballadores/as, 1981, son elementos importantes dun sistema de  SST. A recompilación de datos e información sobre  SST, así como o establecemento de sistemas de notificación, permiten aos gobernos e aos lugares de traballo tomar decisións fundadas sobre a política de  SST e responder, especialmente en situacións novas con riscos descoñecidos. Cando as crises abarcan varios países, a cooperación internacional é clave para intercambiar ideas útiles e ensinos, así como coñecementos específicos das partes interesadas.

O capítulo 6 céntrase no fortalecemento dos sistemas de xestión da  SST no ámbito empresarial para previr e responder os riscos de SST, en particular as disposicións para promover no ámbito da empresa a cooperación entre a dirección, os traballadores/as e os seus representantes, como elemento esencial das medidas de prevención relacionadas co lugar de traballo. ( C187, artigo 4.2, d)), e os mecanismos de apoio para a mellora progresiva das condicións de seguridade e saúde no traballo nas microempresas, nas pequenas e medianas empresas, e na economía informal (C187, artigo 4.3,  h)). A cooperación entre a dirección e os traballadores/as é esencial para crear unha cultura da seguridade na que os traballadores se comprometan e participen na creación de solucións para mitigar os riscos. De feito, as avaliacións dos riscos realizadas en consulta cos traballadores/as son fundamentais para identificar as áreas de perigo potencial. Durante a pandemia de COVID-19, xurdiron moitos perigos que van máis aló do risco real de infección polo virus. Moitos lugares de traballo enfrontáronse á violencia e o acoso, e tamén tiveron que facer fronte a riscos ergonómicos e químicos. Nas micro, pequenas e medianas empresas (MIPEME) e na economía informal, moitos traballadores/as carecen dunha protección básica suficiente en materia de SST, como a licenza por enfermidade, e no traballo tampouco teñen acceso a equipos de protección persoal (EPP), instalacións sanitarias e outras medidas para reducir o risco de infección.

Os anexos deste informe proporcionan ferramentas, recursos e outras orientacións sobre as formas de responder á pandemia, elaborados pola OIT, outras organizacións internacionais, organismos nacionais e rexionais, e os interlocutores sociais.

Ligazón ao Informe da OIT: "Anticiparse ás crises, prepararse e responder. Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo 2021"

Ligazón ao resumo do informe

Fonte: OIT

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS