Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

El Tribunal Supremo considera accidente laboral un desprendemento de retina

09-10-2018 - Sentenza

O Tribunal Supremo considerou como accidente laboral o desprendemento de retina sufrido por unha empregada da Seguridade Social mentres traballaba diante do ordenador. O tribunal estimou o recurso para a unificación de doutrina presentado pola traballadora, que sentiu molestias nos ollos e alteracións visuais cando realizaba as súas funcións diante do ordenador na oficina.

Tras ser operada de desprendemento de retina, o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) declarou que a súa incapacidade temporal derivaba de enfermidade común. A muller demandou ao INSS e o xulgado Social 3 de Ourense deulle a razón ao cualificar a súa incapacidade derivada de accidente de traballo.

Posteriormente o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia revogou esa decisión porque non considerou aplicable a presunción establecida no artigo 115.3 Lei Xeral da Seguridade Social (“presumirase, salvo proba en contrario, que son constitutivas de accidente de traballo as lesións que sufra o traballador durante o tempo e no lugar do traballo”) ao non terse acreditado que a causa do desprendemento de retina fose un traumatismo. O tribunal superior galego tamén entendeu que non había datos dos que deducir unha relación de causalidade entre a lesión e o traballo, posto que a literatura médica non considera o traballo fronte a pantallas de ordenador como causa de desprendemento de retina.
O caso chegou ao Supremo, que considerou que o feito de que se trate de “unha lesión súbita que aparece en tempo e lugar de traballo” conduce necesariamente á aplicación do artigo 156.3 do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, que establece que se presumirá, salvo que se probe o contrario, que son constitutivas de accidente de traballo as lesións que sufra o traballador durante o tempo e en lugar de traballo. Ademáis a Sala engade: “se se ten en conta que non cabe excluír o factor traballo no desencadenamiento de patoloxías oculares, en concreto, o desprendemento de retina, sen prexuízo de que, estatisticamente existan outras causas máis frecuentes”. Os maxistrados sosteñen que, partindo desta premisa, correspondía á Seguridade Social acreditar a falta de relación causa-efecto entre traballo e lesión, pero esa acreditación non se produciu neste caso. “Non pode considerarse como tal o argumento de que non existen casos na literatura médica que conecten traballo ante pantallas de ordenador con desprendemento de retina”.
Fonte: elpais
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS