Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Condenados dous empresarios e un arquitecto por un accidente laboral

19-11-2014 - ACCIDENTE LABORAL

Dous empresarios e un arquitecto técnico recoñeceron a súa responsabilidade nun accidente laboral acontecido en 2008 en Oviedo, no que un traballador resultou ferido grave. Cada un dos acusados aceptou unha condena total dun ano e seis meses de prisión e o pagamento dunha multa.

O 21 de xaneiro de 2008, o oficial de segunda accidentado, con antigüidade no posto de traballo de cinco meses caeu dende un oco de forxado do teito da primeira planta, a unha altura de 4,70 metros, sufrindo varias lesións, entre elas traumatismo cranioencefálico e numerosas fracturas.

O accidente produciuse ao desprenderse dous taboleiros do mecano do encofrado porque se moveron ao saltar sobre eles ou porque estaban mal asentados. O traballador encontrábase só na obra, sen ningunha supervisión, xa que xa rematara a xornada laboral e el tiña que recuperar media hora. Ata a data do sinistro non recibira formación por parte da empresa.

No momento do accidente, aínda non se colocaran os taboleiros que debían cubrir o oco. Ademais, o traballador non utilizou arnés amarrado a un punto de ancoraxe sólida, como medida de seguridade complementaria.

O arquitecto técnico, coordinador de seguridade e saúde, aprobou o Plan de Seguridade e Saúde e era a quen correspondía ter incluído neste a utilización do sistema de mecano empregado e as medidas de protección a adoptar, tanto para a súa montaxe coma para a súa desmontaxe e permanencia sobre este.

 

Fonte: prevention-world.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS