Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Condenado o encargado dunha obra por un accidente laboral

08-04-2014 - ACCIDENTE LABORAL

A Audiencia de Málaga confirmou a sentenza ditada por un xulgado do Penal na que se condenou a un ano e medio de prisión a un dos encargados dunha obra, que se levaba a cabo en 2005 na localidade malagueña de Benahavís, polo accidente que sufriu un traballador, que resultou lesionado nun pé e que tivo como secuelas a amputación da perna esquerda.

A sentenza ditada no seu día declarou probado, segundo consta na resolución da Sala á que tivo acceso E.P., que a empresa promotora dunha urbanización contratou a realización de determinados traballos con outra, que á súa vez subcontratou con outras dúas sociedades para que proporcionasen maquinaria e persoal para o seu manexo, e traballadores para as restantes funcións.

Así, o acusado que resultou condenado era encargado de obras, prestaba servizos para unha das empresas e era o que daba as instrucións aos empregados da devandita firma. Segundo a sentenza, el era "sabedor da prohibición de transportar ferramentas nas pas de máquinas escavadoras, así como de aproximarse a esas maquinarias mentres estaban en marcha".

Roupa "inapropiada"

Non obstante, o día do accidente, sinala a resolución, preparando os traballos que se ían levar a cabo, ordenou ao traballador que logo resultou lesionado que transportase ferramentas ata a pa da escavadora que manexaba outro empregado, quen, coñecendo as prohibicións e a distancia de seguridade a gardar, se baixou deixando o motor en marcha e vestindo roupa "inapropiada".

Nese momento, di a sentenza, a súa camisa enganchouse nunha das pancas da máquina, accionando a pa xiratoria e atrapando o pé do seu compañeiro, que sufriu varias lesións e secuelas, como amputación da perna esquerda, trastorno neurótico por estrés e necesidade de prótese para deambular. Considérase probado que o empregado lesionado recibira a información correspondente.

Por estes feitos, en Xulgado do Penal número 7 condenou a un dos acusados -o encargado da obra e dos traballadores- por un delito contra os traballadores e por outro de lesións imprudentes, impoñéndolle un ano e medio de prisión e multa de 1.800 euros. Pola contra, absolveu a outros seis acusados, administradores das empresas ou xefes de obra.

Contra esta sentenza, presentouse un recurso por parte da acusación particular, en representación do lesionado, ao entender que non podía existir a prescrición do delito respecto do empregado que manexaba a máquina. Pero a Sala, na súa resolución, estima que non se aprecia erro en canto á prescrición nin falta de motivación ao respecto.

O Tribunal de apelación explica que "nin se lle recibiu declaración en calidade de imputado" e non se formulou acusación nin imputación ningunha respecto a esta persoa" ata o escrito de conclusións provisionais en 2010, polo que dende a data na que se produciron os feitos -2005- "transcorrera de sobra o prazo de prescrición de tres anos".

Por isto, a Sala considera que non é posible revogar a sentenza absolutoria ditada para este procesado, ao coincidir cos argumentos do xulgado, polo que desestima o recurso presentado e acorda a confirmación íntegra da resolución ditada no seu momento.

 

Fonte: diariosur.es

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS