Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Condea dun ano de cárcere para o director dunha fábrica por non poñer os medios precisos para evitar que 35 traballadores enfermaran de silicose

22-07-2015 - sentenza

O exdirectivo (a fábrica de sanitarios pechou) foi condeado como autor de 35 delitos de lesións por imprudencia grave e outro contra os dereitos dos traballadores. A pena ascende a un ano e tres meses de cárcere, así como ao abono de 2,4 millóns de euros aos empregados. O xuíz do Xulgado do Penal número 1 de Valencia, apreciou a "atenuante moi cualificada de dilacións indebidas" o que supuxo a redución da condea. Neste proceso tamén foron condeadas as empresas Cerámicas Sanitarias Reunidas e Uralita como responsables civiles subsidiarias.

A sentenza recolle que "a lo menos dende principios dos oitenta o risco de silicose era coñecido polos servizos médicos e pola dirección da empresa". Aínda así "as concentracións de po de sílice no ambiente da empresa foron tan altas que xeraron risco de silicose nos traballadores dende 1971, sin que comezaran a aplicarse medidas correctoras ata o ano 2000". A empresa facilitou mascariñas de protección na década de 1980; mascariñas sen filtro mecánico que "remataban saturándose e que non se renovaban diariamente, senón pasados varios días". Por outra parte o po de sílice xerado nos procesos de fabricación non se eliminaba diariamente, se "amontoaba nos corredores, quedando en ocasións varios días sen recoller".

En relación ás revisións médicas oportunas polo tipo de materiais empregados, estas non foron realizadas a todolos traballadores ata o ano 2000,  tres décadas  despois de que a fábrica comezara a súa actividade. As que se realizaban antes desa data "non incluían polo xeral probas de radiodiagnóstico dos pulmóns" como se estabelecía na normativa. Non se realizarou durante anos "medición algunha das concentracións de po de síclice no ambiente".

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS