Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Coa reforma laboral medran espectacularmente os trastornos de saúde vinculados ao traballo

14-11-2016 - SAÚDE LABORAL

Nos últimos tempos estanse a incrementar de maneira notable as notificacións de trastornos de saúde derivados do traballo, realizados polos Centros de Atención Primaria do sistema público de sanidade.

Nestes casos, independentes dos rexistros de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, as patoloxías máis detectadas e notificadas son as referidas a cadros de ansiedade e depresión así como os trastornos múculo-esqueléticos vinculados a posturas forzadas e movementos repetitivos. Patoloxías estas que se produciron con maior incidencia nos sectores de servizos e comercio, sendo a idade media dos/as traballadores/as afectados/as de 48 anos e prevalecendo o número de mulleres no 64% en relación aos homes.

No caso dos cadros depresivos e de ansiedade constátase un forte incremento dos factores de risco psicosocial no traballo debido en gran medida á falla de apoio dos superiores, altos niveis de esixencia e esforzo (sobresplotación), e falla de autonomía para a realización do traballo.

Asemade nesta liña, destacan os trastornos de orixe psicosocial que cada vez máis sofren os/as traballadores/as de maior idade, como consecuencia de condutas que poderían ser consideradas como hostís e de acoso psicolóxico, en moitos casos orientadas a forzar un despedimento “voluntario” do/a traballador/a maior.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS