Financiado por:
/ Portada / Delegados

A saúde mental dos traballadores/as tras a pandemia

08-06-2021 - SAÚDE LABORAL

Os efectos na saúde emocional que provocou a pandemia -e algunhas prácticas estendidas en consecuencia, como o teletraballo- cobraron maior protagonismo no último ano en todos os ámbitos e, máis concretamente, no empresarial. Así o demostran estudos como o realizado pola OIT (Organización Internacional do Traballo) en 2020, que sinala que o 60 % dos empregados/as sofren depresión ou ansiedade. Por outra banda, a metade dos días laborables non produtivos son consecuencia dos efectos nocivos da tensión na saúde dos traballadores/as.

A crise derivada do coronavirus sacou a relucir outro asunto relacionado coa saúde que, ata fai moi pouco, non gozaba de demasiada visibilidade, a saúde mental, a pesar de que a metade da poboación sofre unha enfermidade mental ao longo da súa vida, segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS).

Unha mala saúde mental no posto de traballo non só afecta á saúde dos empregados, senón que tamén repercute no rendemento da empresa: perda de produtividade e custos do absentismo e  presentismo. Non menos importantes son outros efectos menos tanxibles, como un estado de ánimo negativo entre os traballadores e unha reputación desfavorable para a compañía. É importante resaltar que as vendas dunha empresa con empregados felices aumentan por encima do 30 %.

As iniciativas de prevención da saúde mental non só axudan ao empregado, senón que conducen a mellores resultados ás compañías. Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Madrid aseguran que as empresas non poden esperar que a produtividade volva aos niveis anteriores á pandemia porque a preocupación e incerteza dos traballadores non se vai só co tempo.

Ata o de agora, soamente era obrigatoria a revisión a nivel psicolóxica nalgunhas actividades laborais (Directiva marco 89/391/CEE), como os controladores aéreos, pero á vista da situación pola que están a pasar milleiros de traballadores/as, o Ministerio de Traballo quere ir máis aló e reparar en moitos máis sectores profesionais, como o sanitario ou o sector servizos entre outros. A partir da aprobación da esixencia deste plan de prevención psicolóxica, as empresas que non tomen as medidas, poderán ser sancionadas de acordo á Lei sobre Infraccións e Sancións na Orde Social segundo o Criterio técnico 104/2021 sobre actuacións da Inspección de Traballo e Seguridade Social en Riscos Psicosociais.

Dende hai pouco máis dun ano, os departamentos de Recursos Humanos víronse obrigados a facer fronte a situacións moi novas e complexas, estratexias de organización adaptadas ao teletraballo, recursos máis limitados e maior risco físico e emocional do persoal. Non só téñense que buscar as medidas que se adapten ao marco legal, senón un investimento en plans de sustentabilidade para coidar ao empregado/a.

Fonte: prevencionar.com

 

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS