Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

A película francesa Vendange obtén o Galardón Cinematográfico Lugares de Traballo Saudables no festival de Leipzig

12-11-2014 - SAÚDE LABORAL

Anunciouse o gañador do Galardón Cinematográfico Lugares de Traballo Saudables 2014: o xurado elixiu Vendange, de Paul Lacoste. Xa no seu sexto ano de apoio ao galardón, que se presentou no marco do Festival Internacional de Cine Documental e de Animación de Leipzig (DOK Leipzig), a Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo (EU-OSHA) proxectará a película por toda Europa para contribuír a fomentar a sensibilidade polos problemas de seguridade e saúde no traballo (SST).

Vendange, de Paul Lacoste, trata dun grupo de vinte vendimadores do sur de Francia. Tanto os maiores coma os mozos son traballadores temporais con contratos precarios. Durante a vendima portan cargas pesadas, padecen ondas de calor e ampolas provocadas pola poda e experimentan amizades breves.

O xurado considerou que Vendange é un retrato conmovedor e cargado de forza visual destes traballadores e do seu ámbito. «Non» é «doado gañarse a vida», afirma un dos personaxes desta sabia película que desprega unha calidade narrativa meticulosamente elaborada apoiada nun guión fluído e nun enfoque visual que se fusiona coa paisaxe. Os personaxes están tratados con dignidade e respecto, e baixo a charla intranscendente escóitanse historias máis profundas que merecen contarse; xorden tramas dentro da trama, cada unha delas como un pequeno froito dos acios de uva que están a recoller. Esta comunidade especial descríbese por medio de imaxes soberbias no estilo dos pintores impresionistas para configurar unha película completa chea de detalles, fiel á natureza e fiel aos seus protagonistas.

Directores de todo o mundo optan coas súas obras ao Galardón Cinematográfico «Lugares de Traballo Saudables». As oito películas nominadas propuxeron no DOK Leipzig deste ano temas moi variados, como unha fábrica de coches de Moscú nos seus últimos momentos de existencia, a desaparición das prácticas de pesca familiares tradicionais en España ou o actual mercado de traballo de Francia para os mozos.

 

Fonte: Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde non Traballo

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS