Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

A empresa automobilística Audi introduce luvas médicas para mellorar a ergonomía nas súas cadeas de montaxe.

28-12-2015 - SAÚDE LABORAL

A empresa automobilísitica Audi prevé introducir no vindeiro ano o uso por parte dos operarios dunhas luvas especiais para as actividades industriais en serie, propias das cadeas de montaxe. No caso dos/as traballadores/as dedicados/as á colocación das portas nos coches, fan un promedio de instalación de 300 molduras por quenda, o que supón un notable sobre-esforzo para as súas mans e pulso.

Estas luvas ortopédicas que se están a experimentar -dentro do proxecto piloto: “ O lugar de traballo do futuro”- nas factorías alemás de Ingolstadt e Neckarsulm, así como en Bruxelas e en Györ (Hungría),  permitirán diminuir o nivel de esixencia músculo-esquelética destas partes do corpo mediante a redución da presión, o mantemento da sensibilidade e a salvagarda da mobilidade, esperándose que podan reducir en máis dun 50% a tensión por presión que se produce en diversas actividades de produción.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS