Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

A Unión Europea ve na prevención de riscos laborais unha vía de crecemento económico.

24-04-2012 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

A Unión Europea, a través da Axencia Europea de Seguridade e Saúde no Traballo, promove a prevención de riscos laborais como factor "crave" para a recuperación económica, xa que cada ano pérdense 450 millóns de xornadas de traballo que representan un custo para a economía europea de máis de 490.000 millóns de euros e 5.500 mortes de traballadores en accidentes laborais ao ano.  

Durante un encontro cos xornalistas, a directora da Axencia, Christa Sedlatschek, sinalou que a seguridade e a saúde no traballo son un factor "crave para a recuperación económica" en España e no resto de Europa.

Sedlatschek asegurou que no contexto de crise económica europea actual, investir en prevención de riscos laborais "é máis que nunca a mellor resposta para a competitividade, a produtividade, a sustentabilidade e o crecemento económico das empresas".

Neste senso, destacou a achega da seguridade e a saúde laboral ao "crecemento inclusivo" ao contribuír á redución de saídas anticipadas do mercado laboral, das baixas por enfermidade e da pobreza e a exclusión social.

Outras das achegas "cruciais" que a seguridade e saúde laboral reportan, prodúcense no "crecemento sostible e intelixente" a través dos "empregos verdes" e a "man de obra sa e motivada", indicou Sedlatschek.

Sobre o posible descenso do investimento na materia, a directora da axencia aclarou que hai dous tipos de empresas, as que invisten ao mesmo nivel en seguridade e saúde laboral e outras que "erroneamente" deciden "aforrar".

A Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo, con sede en Bilbao, naceu en 1996 para facer os lugares de traballo europeo máis seguros, saudables e produtivos, co fomento dunha cultura de prevención de riscos e conta coa participación da Comisión Europea, que colabora na realización de investigacións e estudos para axudar á avaliación da seguridade laboral a nivel europeo.

Na UE morren cada ano máis de 5.500 persoas por mor de accidentes laborais e as enfermidades profesionais producen outras 159.000 mortes, o que supón un falecemento cada 3,5 minutos.

A directora da axencia explicou que as áreas estratéxicas de actividade nas que traballa a entidade para intentar reducir estas cifras son a anticipación ao cambio, identificando os novos riscos, elaborando enquisas que arroxen cifras para coñecer e abordar de xeito máis preciso o panorama.

Así mesmo, a Axencia facilita ferramentas ás empresas para a xestión da seguridade no traballo, leva a cabo campañas de sensibilización e conta cunha rede de Centros de Referencia das autoridades estatais competentes na materia en cada Estado membro, que colaboran coa axencia á hora de proporcionar datos estatais e difundir as campañas de prevención.

 

Fonte de Datos: eleconomista.es

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS