Co financiamento de:
/ Portada / Datos estatísticos

Os accidentes laborais sen baixa aumentan un 2,32% ata outubro.

24-01-2012 - DATOS SINIESTRALIDADE

Durante os dez primeiros meses do pasado ano, os accidentes laborais sen baixa incrementáronse o 2,32%, mentres que os accidentes con baixa durante a xornada de traballo descenderon en algo máis de 40.000, ata os 529.768 sinistros.

En total, os accidentes de traballo en valores absolutos retrocederon un 8,37%, o que significa que dous traballadores falecen cada día en España polo xesto cotián de ir a traballar e trece teñen un accidente grave. Ademais, de xaneiro a outubro 617 traballadores faleceron como consecuencia do seu traballo, deles os 465 perderon a vida durante a súa xornada de traballo e nos seus centros, en tanto que os accidentes " in itínere" sumaron 152.



O aumento dos accidentes sen baixa en 2010, cunha media de 64.609 accidentes, leva a "intuír" que os empregados que sofren un accidente leve, ou menos grave, prefiren continuar no seu posto de traballo ante a ameaza de ser despedidos.



En canto a enfermidades, declaráronse un total de 15.772 enfermidades profesionais durante os dez primeiros meses de 2010, das que 8.336 foron con baixa e 7.436, sen baixa. En 2010 declaráronse 155 enfermidades profesionais máis que en 2009, o que supón un incremento dun 0,99%. Así mesmo, as enfermidades profesionais que ocasionaron baixa en 2010 diminuíron un 6,90%, en tanto que as enfermidades profesionais sen baixa superaron en 936 as declaradas no mesmo período de 2009.

Xestión Práctica de Riscos Laborais, Editorial WOLTERS KLUWER ESPAÑA

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS