Co financiamento de:
/ Portada / Datos estatísticos

Guía rápida sobre fontes e usos de estatísticas sobre seguridade e saúde no traballo

13-09-2021 - OIT

Esta guía ofrece unha visión xeral dos principais aspectos das estatísticas sobre seguridade e saúde no traballo, incluíndo a súa pertinencia e usos. Tamén presenta as normas internacionais que rexen as estatísticas sobre seguridade e saúde no traballo e inclúe unha descrición dos indicadores de seguridade e saúde no traballo máis utilizados.

A guía revisa así mesmo os distintos tipos de fontes potenciais de estatísticas sobre seguridade e saúde no traballo, destacando as súas vantaxes e inconvenientes. Por último, sinala os principais retos que rodean a compilación, difusión e interpretación destas estatísticas. A presente guía pretende ser un manual de introdución ás estatísticas sobre seguridade e saúde no traballo, proporcionando información valiosa pero non exhaustiva. É unha ferramenta de referencia útil para produtores/ as de datos estatísticos na materia, investigadores/ as, analistas do mercado laboral, interlocutores/ as sociais e usuarios/ as de datos interesados.

Ligazón á Guía rápida sobre fontes e usos de estatísticas sobre seguridade e saúde no traballo

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS