Co financiamento de:
/ Portada / Datos estatísticos

Análise da mortalidade por accidente de traballo no Estado 2017-2019

13-01-2022 - INSST

Entre os anos 2017, 2018 e 2019 investigáronse 472 accidentes de traballo mortais. Dada a súa natureza multicausal, codificáronse 1.968 causas dos mesmos, sendo a media de 4,2 causas por accidente. Mantense o número de causas por accidente respecto a os anos 2014-2016, que tamén tivo unha media de 4,2 causas por accidente e un aumento respecto ao período 2011-2013 cunha media de 3,8.

Os grupos de causas máis sinalados son os de natureza organizativa, tanto relativas á Organización do traballo (31,6%) como á Xestión preventiva (26,70%). É destacable o bloque de Factores individuais (13,6%) que indica deficiencias que poderían relacionarse coa sensibilización do traballador/traballadora e coa modificación de actitudes e comportamentos.

Ligazón ao documento "Análise da mortalidade por accidente de traballo en España 2017-2019"

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS