Co financiamento de:
/ Portada / Coronavirus

Recoñecemento da COVID-19 como enfermidade profesional para todos os efectos

02-06-2021 - SENTENZA

Por unha banda, no RD 1299/2006 recóllese ao persoal non sanitario, traballadores de centros asistenciais ou de coidados de enfermos, tanto en ambulatorios como en institucións pechadas ou a domicilio e, doutra banda, no Anexo II do RD 664/1997 recóllese o coronavirus da síndrome respiratoria aguda grave 2 ( SARS- Cov-2). Do exposto queda acreditado que o traballador sofre un primeiro proceso de IT con diagnóstico de síndrome respiratoria aguda asociado a coronavirus e, por tanto, sufriu unha enfermidade recollida na listaxe, que estivo exposto a un risco probado de exposición ao axente causal específico para esa enfermidade; e cando realizaba unha profesión con actividades na que se está exposto ao devandito risco, de modo que para o primeiro proceso de IT, do 13 de setembro ao 22 de outubro, opera a presunción iuris et de iure de enfermidade profesional.

Respecto do segundo proceso, iniciado o 23 de outubro de 2020 e finalizado o 15 de xaneiro de 2021, non sendo recaída do anterior segundo partes médicos, co diagnóstico de  disnea e alteracións respiratorias, entende o  xulgador que sobre el non existe ningunha dúbida que trae lóxica consecuencia e son patoloxías derivadas do contaxio por  SARS-Cov-2, que deu lugar ao primeiro proceso de  IT (cualificado de enfermidade profesional), e, en consecuencia, debe considerase igualmente enfermidade profesional, dada a continuidade e sucesión inmediata entre o primeiro proceso de  IT e o segundo; todo iso aínda existindo PCR negativa, o que non evitou que o traballador seguise sufrindo as patoloxías derivadas do contaxio por exposición ao virus.

Ligazón ao texto da Sentenza

 

Fonte: CEF-LABORAL SOCIAL-

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS