Co financiamento de:
/ Portada / Coronavirus

Plan de lecer nocturno. Actualización do 1 de xaneiro de 2022. Versión 7

03-01-2022 - XUNTA DE GALICIA

O Plan de Lecer Nocturno da Galiza ten como obxectivos proporcionar un marco de estabilidade das condicións de apertura nos establecementos do sector do lecer nocturno, recoller as medidas sanitarias comúns de aplicación en todos os establecementos de lecer nocturno por mor da pandemia de SARS-CoV-2 e establecer as medidas sanitarias de aplicación para garantir un nivel maior de compromiso e obter beneficios adicionais de aforo e horario nestes establecementos, independentemente da situación epidemiolóxica.

Esta nova estratexia responde á situación actual do avanzado estado da vacinación na nosa comunidade. Por outra banda, a ocupación da hospitalización convencional e das unidades de coidados críticos e a porcentaxe de pacientes COVID nos servizos de urxencias tamén permiten o desenvolvemento deste novo plan. Polo tanto, este plan sempre estará condicionado á evolución da situación asistencial da Galiza, así como aos parámetros epidemiolóxicos que poidan repercutir na capacidade asistencial do sistema sanitario.

Así, serán obxecto de seguimento e da avaliación continua por parte da Dirección Xeral de Saúde Pública e da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria, co asesoramento do Comité Clínico, para propoñer os cambios e medidas oportunas.

Entenderase por establecementos de lecer nocturno, para os efectos do establecido neste protocolo, as discotecas, pubs, cafés-espectáculo, salas de festas, así como as salas de concertos que desenvolvan as súas actividades de forma análoga aos anteriores.

Ligazón ao Plan de lecer nocturno. Actualización do 1 de xaneiro de 2022. Versión 7

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS