Co financiamento de:
/ Portada / Coronavirus

Modificación do Plan de hostalaría segura da Galiza

24-09-2021 - DOG

Mediande Orde do 23 e setembro o Plan engade un novo anexo cos contidos da formación do persoal da hostalaría e restauración no contexto da COVID-19 e procedementos para a validación da formación, así, no nivel 1c establécese que se deberá asegurar a formación do persoal traballador segundo os contidos marcados pola Dirección Xeral de Saúde Pública sobre medidas hixiénicas e de seguridade na hostalaría no contexto da COVID-19, cunha formación básica de 2 horas; mentres que no nivel 2c prevese que a dita formación básica teña unha duración de 4 horas.

Mediante a Orde do 14 de setembro de 2021 aprobouse o novo Plan de hostalaría segura da Galiza, co obxectivo de seguir garantindo a máxima seguridade tanto para as persoas traballadoras como para as persoas usuarias. O plan incide no control dos niveis de ocupación e na necesidade de manter, en todo momento, as normas hixiénico-sanitarias básicas de limpeza de mans e superficies, nas distancias de seguridade interpersoal, no uso de máscara, nas medidas de ventilación dos espazos e na limitación dos tempos de contacto.

O Plan de hostalaría segura establece un procedemento para a clasificación dos establecementos segundo o seu nivel, en función das boas prácticas levadas a cabo e da aplicación de medidas sanitarias adicionais que fomenten espazos máis seguros e que ofrezan todas as garantías posibles e permite unha estabilidade das condicións de apertura nos establecementos de hostalaría con independencia dos niveis de restrición de cada concello.

O novo Plan, mediante Orde do 23 de setembro de 2021 pola que se modifica a Orde do 14 de setembro de 2021 -publicado no DOG Nº 184-Bis-, engade un novo anexo con determinadas disposicións en relación coa formación do persoal traballador: así, no nivel 1c establécese que se deberá asegurar a formación do persoal traballador segundo os contidos marcados pola Dirección Xeral de Saúde Pública sobre medidas hixiénicas e de seguridade na hostalaría no contexto da COVID-19, cunha formación básica de 2 horas; mentres que no nivel 2c prevese que a dita formación básica teña unha duración de 4 horas.

A través da presente orde establécense os contidos mínimos dos programas de formación, a forma de acceder a tales cursos e a validación de cursos xa realizados desa formación, para os efectos de facilitar a formación sobre medidas hixiénicas e de seguridade no contexto da COVID-19 orientadas ao persoal traballador dos establecementos de hostalaría e restauración.

Ligazón á ORDE do 23 de setembro de 2021 pola que se modifica a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Galiza. DOG 23/09/2021 Nº 184-Bis.

Ligazón ao documento Novo Plan de Hostalaría Segura de Galiza. Versión 1.

Ligazón ao apartado web PLAN DE FORMACIÓN GRATUÍDO da Xunta

Ligazón á ORDE do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Galiza. DOG 14/09/2021

Ligazón ao Modelo do Plan de continxencia da hostalaría no contexto da COVID-19 Nivel 1C (unha cunchiña)

Ligazón ao  Modelo de Plan de continxencia da hostalaría no contexto da COVID-19 Nivel 2C (dúas cunchiñas)

Guía para as boas prácticas de ventilación na HOSTALARÍA no contexto da COVID-19. Consellería de Sanidade 27.04.2021

Podes obter máis información sobre o coronavirus na sección específica da nosa páxina web.

 

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS