Co financiamento de:
/ Portada / Coronavirus

Guía para a prevención e control da COVID-19 nas explotacións agrícolas que vaian a contratar a temporeros

31-08-2020 - MINISTERIO DE SANIDADE

Neste documento recóllese unha selección non exhaustiva de recomendacións e medidas de contención adecuadas para garantir a protección da saúde das persoas traballadoras fronte á exposición ao coronavirus SARS‐ CoV‐2 nas explotacións agrícolas que vaian contratar a temporeros e nos aloxamentos que se lles proporcionen.

A situación deste tipo de traballo conleva unha serie de riscos desde o punto de vista da transmisión do  SARS‐ CoV‐2. O desprazamento entre distintas zonas xeográficas e a propia actividade laboral, supoñen un elevado número de contactos interpersoais, o que conleva un maior risco de transmisión.

Hai que considerar que unha parte significativa da man de obra na actualidade ten unha orixe multicultural e  migrante. Así mesmo, estas persoas traballadoras adoitan convivir en aloxamentos onde se comparten zonas comúns habitables, e en ocasións, habitacións non separadas fisicamente.

Estas circunstancias descritas, xustifican que se fagan unha serie de recomendacións por parte da Administración sanitaria, para tentar minimizar o risco de transmisión do  SARS‐ CoV‐2.

 

Ligazón á Guía para a prevención e control da COVID-19 nas explotacións agrícolas que vaian a contratar a temporeros

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS