Co financiamento de:
/ Portada / Coronavirus

Estudo de situación dos riscos psicosociais no persoal de centros sanitarios: impacto da pandemia por COVID-19

13-01-2023 - INSST

O presente estudo descritivo de investigación aplicada ten como obxectivo coñecer o impacto psicosocial da situación de traballo durante a primeira onda da crise por COVID-19 sobre o persoal de centros sanitarios no Estado, así como as posibles intervencións para reducilo dende o ámbito da prevención de riscos laborais

Este estudo seguiu a metodoloxía SIDIS. Para a fase de investigación realizouse unha revisión bibliográfica de literatura científica, unha análise estatística en base a datos da Enquisa de Poboación Activa do ano 2019 e 41 entrevistas semiestructuradas a diversos actores.

Entre os principais achados confírmase que as mulleres, enfermeiras ou profesionais con baixa cualificación, con idades comprendidas entre 20 e 30 anos, con menos de cinco anos de experiencia laboral e sen capacitación previa en intervención en crise, teñen unha maior probabilidade de desenvolver patoloxías como consecuencia dun acontecemento traumático na contorna laboral. Ademais, ponse de manifesto que a crise sanitaria tivo un impacto sobre a saúde mental dos profesionais do sector sanitario, polo que é importante poñer en marcha medidas preventivas.

Existen diversas intervencións preventivas sobre o contexto laboral que demostraron ser eficaces para minimizar a exposición ante crises sanitarias, entre elas cabe destacar o apoio social, especialmente entre compañeiros.

Ligazón ao Estudo de situación dos riscos psicosociais no persoal de centros sanitarios: impacto da pandemia por COVID-19 - INSST 2022

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS