Co financiamento de:
/ Portada / Coronavirus

Deter a pandemia: plan de acción da EU-OSHA para un lugar de traballo saudable

07-05-2020 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

Baixo o lema «Traballos saudables: deter a pandemia», a EU-OSHA puxo en marcha unha iniciativa para abordar os desafíos relacionados coa seguridade e a saúde no traballo vinculados coa actual pandemia, na que se ofrecen unha serie de orientacións sobre a COVID-19 no lugar de traballo.

Os recursos inclúen: unha guía para limitar a propagación do virus e medidas preventivas para un retorno seguro e saudable aos lugares de traballo; información sobre como minimizar a exposición a axentes biolóxicos; vídeos de sensibilización e unha serie de ligazóns a documentación sobre as boas prácticas que aplican as organizacións internacionais e a UE.

Este plan de acción intégrase na campaña da axencia sobre os trastornos musculoesqueléticos titulada Relaxemos as cargas, que se poñerá en marcha en outubro; aínda que no sitio web preliminar da campaña xa se ofrecen orientacións prácticas, ferramentas e recursos visuais para garantir un teletraballo saudable en casa.

Ligazón aos recursos relacionados coa COVID-19 para o lugar de traballo na sección Traballos saudables: deter a pandemia

COVID-19: Regreso ao lugar de traballo: adaptación dos lugares de traballo e protección dos traballadores

COVID-19: Orientacións para o lugar de traballo

Ligazón á campaña Relaxemos as cargas

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS