Co financiamento de:
/ Portada / Coronavirus

Actualización da Guía de actuación ante a aparición de casos de COVID-19 en centros educativos

08-09-2020 - MINISTERIO DE SANIDADE

O obxectivo do presente documento é servir de guía de actuación para o manexo de casos, contactos e brotes de COVID-19 nun centro educativo que permita o establecemento de medidas de contención adecuadas.

Nos centros educativos poden aparecer casos debido á mobilidade e ao contacto entre as persoas, con todo hai medidas que se poden adoptar para reducir a probabilidade de transmisión. O nivel de implementación destas medidas deberá ser tido en conta á hora de valorar os riscos inherentes á identificación de casos ou das cadeas de transmisión.

As medidas para a contención rápida da infección inclúen a xestión adecuada no centro educativo das persoas que inician síntomas, a identificación precoz dos casos, a identificación, corentena e seguimento dos contactos estreitos e a identificación de posibles focos de transmisión en colectivos específicos. Estas accións requiren que os centros manteñan unha comunicación fluída e continuada coas autoridades de saúde pública.

Ante os diferentes escenarios que poidan darse, débese organizar unha pronta resposta que permita controlar un posible brote. Isto inclúe a posibilidade de que se indique o peche reactivo transitorio de unha ou varias aulas, xunto con diferentes escalóns de medidas que considere saúde pública a través da avaliación do risco.

Ligazón á Guía de actuación ante a aparición de casos de COVID-19 en centros educativos

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS