Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

Robótica avanzada e intelixencia artificial para a automatización das tarefas no traballo: situación actual e consideracións en materia de SST

27-04-2022 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

Como parte do seu programa de investigación sobre a dixitalización de catro anos de duración, a EU-OSHA publicou un informe inicial no que se enumeran e definen os tipos de intelixencia artificial (IA) e robótica avanzada para a automatización de tarefas no traballo. Tamén se identifican os usos existentes e potenciais en todos os sectores e tarefas, desde os robots industriais e de almacenamento ata os programas informáticos de IA no sector sanitario, e preséntanse as políticas e estratexias a escala nacional e da UE.

A automatización no lugar de traballo está a aumentar. Aínda que os avances tecnolóxicos traen consigo novas oportunidades, tamén expoñen desafíos inéditos para o futuro da seguridade e a saúde no traballo.

Como parte do seu programa de investigación sobre a dixitalización de catro anos de duración, a EU-OSHA publicou un informe inicial no que se enumeran e definen os tipos de intelixencia artificial (IA) e robótica avanzada para a automatización de tarefas no traballo. Tamén se identifican os usos existentes e potenciais en todos os sectores e tarefas, desde os robots industriais e de almacenamento ata os programas informáticos de IA no sector sanitario, e preséntanse as políticas e estratexias a escala nacional e da UE.

Ligazón ao informe e o resumo Robótica avanzada, intelixencia artificial e automatización de tarefas: definicións, usos, políticas e estratexias e a seguridade e saúde no traballo. (En inglés)

No resumo de políticas preséntase unha clasificación dos sistemas baseados na intelixencia artificial e de robótica avanzada que poden utilizarse no traballo, en función das tarefas, co fin de estruturar e valorar as oportunidades e desafíos en materia de SST.

Ligazón á presentación PowerPoint, para obter unha visión xeral do proxecto,

Ligazón á sección temática da web Dixitalización do traballo.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS