Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

O INSHT axudará ás empresas de ata 10 e 25 traballadores a previr accidentes por 1,6 millóns

28-04-2014 - xestión preventiva

A Seguridade Social encomendou ao Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo (INSHT) a xestión en 2014 dos seus servizos 'Prevención10.es' e 'Prevención25.es', cos que se pretende axudar as empresas de ata 10 e de ata 25 traballadores, respectivamente, no cumprimento das súas obrigas en prevención de riscos laborais.

A compensación ao INSHT pola xestión destes servizos será de 1,67 millóns de euros, financiados con cargo ao Fondo de Prevención e Rehabilitación, incluíndose nesta cantidade o custo do persoal, os medios e infraestruturas para o desenvolvemento destes plans, o custo de materiais e o custo dos traballos que sexa necesario contratar en caso de que o Instituto non puidese realizalos por medios propios.

O plan 'Prevención10.es' ten por obxectivo asistir, por medio de Internet principalmente, ás empresas de ata 10 traballadores na realización dun plan de prevención e na planificación da actividade preventiva de acordo aos riscos existentes no seu sector económico e ás características e organización dos seus centros de traballo. Así mesmo, este plan presta aos autónomos sen traballadores a cargo asesoramento técnico para cumprir as súas obrigas preventivas.

Para cumprir os obxectivos mencionados, o plan 'Prevención10.es' contempla catro áreas funcionais: 'Avalía-t ', 'Stop riscos laborais', 'T-FORMAS' e Autoprevent', segundo unha resolución publicada este mércores no Boletín Oficial do Estado (BOE).

O primeiro, 'Avalía-t ', ten por obxecto o establecemento do plan de prevención, a avaliación de riscos e a súa planificación nas empresas de menos de dez traballadores, mentres que 'Stop riscos laborais' consiste nun servizo telefónico de asistencia e orientación á pequena empresa.

Pola súa banda, 'T-FORMAS' é un plan de formación dirixido ao pequeno empresario para que poida asumir persoalmente a xestión de prevención de riscos laborais e 'Autoprevent' é a ferramenta empregada para prestar asesoramento técnico aos autónomos sen asalariados.

Así mesmo, o plan 'Prevención25.es', destinado ás empresas de ata 25 traballadores, facilita o empresario que o requira a asunción da prevención na súa empresa sempre que este desenvolva a súa actividade de forma habitual no centro de traballo, teña a capacidade necesaria e a empresa dispoña dun único centro de traballo.

Antes do 31 de marzo de 2015, o INSHT, que xa se encargou deste plan en anteriores edicións, informará a Seguridade Social das actividades desenvolvidas no exercicio 2014, do seu nivel de utilización, así como do seu custo.

No caso de que o custo de execución das accións preventivas desenvolvidas fose inferior á compensación de 1.679.904 euros prevista, o INSHT terá que ingresar a diferenza no Fondo de Prevención e Rehabilitación.

A Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social exercerá as funcións de coordinación do desenvolvemento das actividades encomendadas ao INSHT, así como do seu seguimento e execución. Por proposta do INSHT, esta Dirección Xeral poderá autorizar cambios nos importes asignados, sempre que se non se supere o total da compensación prevista, que sexa necesario para garantir a prestación do servizo e que se deba a causas sobrevidas non previstas inicialmente.

 

Fonte: europapress.es

Ligazón BOE (Resolución de 10 de abril de 2014, de la Secretaría de Estado de la Seguridad Social, por la que se encomienda al Instituto Nacional de Seguridad e Higiene en el Trabajo, durante el año 2014, la gestión de los servicios de la SeguridadSocial denominados «Prevención10.es» y «Prevención25.es»)

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS