Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

Novas directrices da OIT para garantir o traballo decente nos servizos públicos de urxencia

11-05-2018 - OIT

Un grupo de expertos, en representación de gobernos, organizacións de empregadores e de traballadores, veñen de traballar na adopción dunha serie de Directrices sobre o traballo decente nos servizos públicos de urxencia. Estas Directrices contemplan as condicións que enfrentan traballadores e traballadoras no exercicio das súas competencias, así como a variedade de situacións que deben atender: epidemias, fenómenos meteorolóxicos extremos, accidentes industriais, conflictos armados e actos terroristas.

Segundo a Directora do Departamento de Políticas Sectoriais da OIT, as Directrices, que serán sometidas para a súa aprobación ao Consello de Administración da OIT, invitan a:

- Adoptar medidas que protexan aos traballadores dos SPU contra xornadas laborais excesivas.

- As modalidades e as condicións de traballo, incluído o tempo de traballo e os días de descanso e de vacacións, deberán determinarse mediante a negociación colectiva ou o seu equivalente.

- Despregar esforzos para protexer aos traballadores dos SPU do impacto da austeridade fiscal.

- Acceso á protección social para os traballadores dos SPU e os seus familiares a cargo, incluída a cobertura en caso de enfermidades profesionais, accidente ou morte relacionados co traballo.

- O dereito a un salario mínimo, que cubra as necesidades dos traballadores dos SPU e as súas familias.

- A conformidade coas normas de Seguridade e Saúde no Traballo ( SST). Ademais do sobreesfuerzo físico e psicolóxico que se lles esixe, os traballadores dos SPU enfrontan diversos problemas de SST, como a exposición a residuos, fugas de materiais perigosos, contaminación da auga e do aire, asbesto e radiacións, así como temperaturas extremas, derrubes de edificios, accidentes de tráfico e ao risco de caídas.

Estas directrices revisan as Directrices sobre o diálogo social nos servizos públicos de urxencia adoptadas pola OIT en 2003 e complementan a Recomendación núm. 205 que abarca “todas as medidas relativas ao emprego e ao traballo decente que se adoptan para responder as situacións de crises provocadas polos conflitos e os desastres”.

Segundo declarou a representación dos traballadores no grupo de expertos “necesitamos este tipo de orientación para motivar aos nosos membros e educalos sobre as súas responsabilidades en materia de preparación e de resposta aos desastres… Grazas á achega destas directrices podemos traballar cos gobernos e os empleadores dos SPU a fin de crear unha contorna realmente propicia”

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS