Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

Estado de situación da exposición laboral ao ruído e ás vibracións mecánicas

01-03-2022 - INSST

O proxecto do que forma parte o presente informe do INSST, ten o propósito de lograr unha redución da exposición laboral ao ruído e ás vibracións, coa finalidade de diminuír os efectos a longo prazo que orixinan estes axentes sobre a saúde dos traballadores e traballadoras.

Sobre este obxectivo xeral, o estudo ten tres obxectivos específicos:

-->Identificar os colectivos máis afectados polas enfermidades profesionais dos Grupos 2A “ Hipoacusia ou xordeira provocada polo ruído” e 2 B “Enfermidades  osteoarticulares ou anxineuróticas provocadas polas vibracións mecánicas” definidas no Real Decreto 1299/2006;

-->Verificar o grao de cumprimento nos lugares de traballo dos regulamentos recolleitos nos Reais Decretos 286/2006 e 1311/2005, polos que se establecen as disposicións mínimas para a protección dos traballadores/as fronte ao ruído e ás vibracións mecánicas respectivamente, e

-->partindo das deficiencias detectadas no cumprimento legal, propoñer accións prioritarias por parte das Administracións Públicas para alcanzar conformidade coas normas de seguridade e saúde específicas do ruído e das vibracións, principalmente nos grupos de poboación traballadora con maior incidencia das enfermidades profesionais dos Grupos 2A e 2 B.

O estado de situación da prevención do ruído e as vibracións caracterízase realizando unha investigación de campo en máis de cincocentas empresas con exposición significativa a ruído, e en ocasións, tamén a vibracións. A ferramenta elixida son as enquisas cumprimentadas por técnicos/as expertos dos órganos técnicos en materia preventiva das Comunidades Autónomas que participaron no traballo.

Por outra banda, a análise compleméntase identificando os colectivos máis afectados por  hipoacusia e enfermidades profesionais provocadas por vibracións mediante a revisión dos datos da estatística nacional das enfermidades profesionais correspondentes a dez anos. Neste aspecto, prestouse especial atención ao código CNAE “Clasificación Nacional de Actividades Económicas”, aínda que tamén se investigou a influencia doutros factores (tipo de traballo, tamaño de empresa, idade etc.).

Ligazón ao estudo técnico “Estado de situación da exposición laboral ao ruído e ás vibracións mecánicas e accións prioritarias para a súa redución”

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS