Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

Avaliación de riscos relacionados coa Covid-19 no traballo con OiRA

10-06-2021 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

Para axudar ás empresas para garantir lugares de traballo saudables en tempos de COVID-19, a EU-OSHA ofrece con OiRA unha solución de máis calidade para avaliar os riscos. Publicada por primeira vez en xuño de 2020, a ferramenta OiRA adaptouse para responder mellor ás necesidades dos distintos oficios e sectores.

Esta ferramenta interactiva pon o foco na importancia de axustar os procesos de traballo ás medidas da loita contra a COVID-19 e avaliar as posibles consecuencias que estas teñen na seguridade e a saúde no traballo, como a sensación de soidade no traballo debido ao distanciamento físico. Incluíronse dous novos módulos que permiten realizar avaliacións de riscos de escenarios de traballo relacionados coa repartición de produtos e co traballo nas dependencias dun cliente.

Nesta versión actualizada da ferramenta tamén se integraron as estratexias adoptadas polas empresas en relación coas probas de detección e as vacinas contra a COVID-19.

Ligazón á ferramenta OiRA en relación coa COVID-19.

Ver todas as ferramentas OiRA estatais implementadas en relación coa COVID-19 que se actualizaron por separado en función das necesidades e situacións de cada país.

Ampliar información sobre os recursos relacionados coa COVID-19 para o lugar de traballo.

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS