Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

A Comisión Europea publicará unha avaliación “pioneira” sobre os disruptores endocrinos en 2016

20-11-2015 - COMISIÓN EUROPEA

Segundo informaron fontes do executivo comunitario, Bruxelas apunta a comezos do ano que vén para aprobar a súa primeira avaliación de impacto sobre os criterios para identificar disruptores endocrinos. Trátase dun paso previo ao lanzamento dunha proposta lexislativa para a súa regulación.

O obxectivo é concluír esta avaliación de impacto a principios de 2016. Segundo explicaron fontes comunitarias, esa avaliación supoñerá  un traballo “pioneiro” a escala internacional, e unha vez que conclúa, a Comisión ten previsto lanzar unha proposta lexislativa para regular estes compostos químicos na UE.

Os disruptores endocrinos son sustancias químicas que poden alterar de forma nociva o funcionamento do sistema endocrino e os seus efectos para a saúde poden permanecer tempo despois da exposición directa, así como afectar a futuras xeracións.

As fontes citadas comentaron que a UE xa protexe aos consumidores dos disruptores endocrinos: “non estamos ante un baleiro legal. Aínda que é necesario traballar, xa se están aplicando criterios de protección”.

Despois de que a Unión Europea publicase en xullo pasado os resultados da súa última consulta pública sobre os disruptores endocrinos, os principais socios comerciais do bloque, entre eles Estados Unidos, expresaron o seu temor ao impacto económico que poida ter unha regulamentación europea moito máis férrea na materia. O asunto preocupa especialmente en Estados Unidos, co cal a UE está a negociar unha futura Asociación Transatlántica de Comercio e Investimento, máis coñecido TTIP.

Case dous anos despois da data orixinalmente prevista, a UE segue esperando que a Comisión Europea estableza os criterios definitivos para os disruptores endocrinos.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS