Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Equipos de protección individual fronte aos riscos directos e indirectos derivados da exposición a campos electromagnéticos

16-01-2023 - INSST

Neste tríptico do INSST identifícanse os equipos de protección individual fronte aos riscos directos e indirectos derivados da exposición a campos electromagnéticos que se poden atopar no mercado. Ademais, incluíronse aspectos a ter en conta para a súa selección e uso.

Os campos electromagnéticos (CEM) prodúcense continuamente en contornas naturais (campo magnético terrestre, tormentas eléctricas, etc.) aínda que, tamén son xerados por fontes artificiais, moitas delas presentes nalgúns sectores de actividade, entre os que atopamos o industrial (electrólise, soldadura, fornos de fundición, etc.), investigación, comunicación, sanitario (toma de imaxes por resonancia magnética, diatermia para uso fisioterapéutico ou cirúrxico, estimulación magnética transcraneal), xeración, transporte e distribución de electricidade, navegación aeronáutica e marítima, radiodifusión e seguridade.

O Real Decreto 299/2016 ten por obxecto a protección da saúde e a seguridade dos traballadores dos efectos causados pola exposición a CEM tendo en conta que estes riscos son os debidos para os efectos biofísicos directos coñecidos e para os efectos indirectos causados polos campos electromagnéticos.

A organización deberá avaliar os riscos derivados á exposición a campos electromagnéticos (CEM) no lugar de traballo, atendendo ao disposto no Real Decreto 299/2016 e á Guía Técnica elaborada polo Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo que facilita a súa interpretación e aplicación. Tendo en conta os resultados obtidos, débese deseñar e implementar un plan de acción que contemplará tanto as medidas técnicas como organizativas de redución da exposición a CEM, o que pode requirir o uso de equipos de protección individual específicos.

Ligazón ao folleto "Equipos de protección individual fronte aos riscos directos e indirectos derivados da exposicin a campos electromagnéticos" - INSST 2022.

Ligazón ao Real Decreto 299/2016, do 22 de xullo, sobre a protección da saúde e a seguridade dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a campos electromagnéticos.

Ligazón á Guía técnica para a avaliación e prevención dos riscos derivados da exposición a campos electromagnéticos nos lugares de traballo, INSST 2019

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS