Co financiamento de:
/ Medio ambiente

Todo o que vostede debería saber sobre o cambio climático, explicado con rigor e sinxeleza

04-04-2014 - CLIMA

O cambio climático é unha das cuestións definitorias do noso tempo. Agora sabemos con certeza, sobre a base de múltiples evidencias, que os seres humanos estamos a cambiar o clima da Terra. A atmosfera e os océanos quentáronse e produciuse un aumento do nivel do mar, unha forte diminución de xeo mariño do Ártico, e outros cambios relacionados co clima.

Todos estes feitos xa non son considerados por case ninguén como algo "natural".

A evidencia de que son causadas polos humanos é clara; non obstante, debido á natureza da ciencia, non cada un dos detalles está totalmente aclarado ou é completamente seguro.

Para deixar claro que é o que sabemos e o que non sabemos sobre o cambio climático, dúas das principais sociedades científicas do mundo, a norteamericana National Academy of Sciences e a británica Royal Society se uniron para elaborar conxuntamente un breve informe no que, en forma de preguntas e respostas, se presentan os principais aspectos do problema que todo o mundo debería coñecer.

Esta nova publicación preséntase como un documento clave dirixido aos que toman decisións, os responsables políticos, os educadores e outras persoas que buscan respostas autorizadas sobre o estado actual da ciencia do cambio climático.

A publicación pon de manifesto o que está ben establecido, onde o consenso é cada vez maior, e os puntos nos que aínda hai incerteza. Está escrita e revisada por un equipo de científicos do clima do Reino Unido e dos Estados Unidos e baséase no traballo relacionado co clima de ambas as dúas academias de ciencias nacionais, así como na máis recente avaliación do Grupo Intergobernamental de Expertos das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático.

O documento, de só 36 páxinas e abundantemente ilustrado merece, sen lugar a dúbidas, unha atenta lectura por parte de todo cidadán responsable.

Acceso ao informe: "Climate Change: Evidence & Causes"

 

Fonte: Royal society e National Academy of Sciences

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS