Co financiamento de:
/ Medio ambiente

Resolución do Parlamento Europeo sobre a Iniciativa da UE sobre os polinizadores

29-06-2021 - MEDIO AMBIENTE

O Parlamento Europeo considera que os polinizadores son un compoñente esencial da biodiversidade que resulta indispensable para a reprodución da maioría de especies vexetais e fai fincapé en que as medidas en favor da biodiversidade e a redución do uso de praguicidas deben converterse tamén en obxectivos dos plans estratéxicos dos Estados membros no marco da PAC. A redución dos praguicidas e un aumento da biodiversidade deben establecerse como «indicadores comúns» cos que controlar o éxito dos mesmos.

O Parlamento insta á Comisión a que incorpore a Iniciativa da UE sobre os  polinizadores e os seus resultados no desenvolvemento da Estratexia da UE sobre a Biodiversidade posterior a 2020, e a que transforme os obxectivos da Iniciativa nun verdadeiro programa de acción en materia de polinizadores, destinando recursos suficientes a este fin; pide tamén que aborde o declive dos polinizadores no ámbito internacional e que defenda medidas enérxicas para protexer os polinizadores e os seus hábitats en todo o mundo.

Sinala que a redución da dependencia dos praguicidas é unha obxectivo clave da Directiva 2009/128/CE sobre un uso sostible dos praguicidas; fai fincapé en que cada un dos plans de acción dos Estados membros adoptado conforme dita Directiva debe conter un plan de redución do uso de praguicidas, con obxectivos, etapas e prazos definidos, e en que a redución dos praguicidas debe establecerse como un «indicador común» á hora de controlar o éxito dos mesmos; considera que na próxima revisión da Directiva 2009/128/CE deben incluírse obxectivos de redución obrigatorios para toda a Unión tras unha avaliación de impacto adecuada.

Ligazón á Resolución do Parlamento Europeo, do 18 de decembro de 2019, sobre a Iniciativa da UE sobre os  polinizadores.

Ligazón á Directiva 2009/128/CE sobre un uso sostible dos praguicidas.

Ligazón á Iniciativa da UE sobre os polinizadores.

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS