Co financiamento de:
/ Igualdade

O xénero como un factor determinante dos problemas de saúde asociados ao traballo.

17-03-2015 - Igualdade

Aínda que as condicións de traballo teñen mellorado nos últimos tempos, é preciso poñer especial atención nos novos riscos que están a xurdir como é o caso dos riscos psicosociais. En relación a estes últimos, e contrariamente ao que poida parecer, as mulleres non son máis sensibles que os homes cando falamos de relacións interpersoais, polo que a súa resposta ante problemas como o burnout é similar á que teñen por regla xeral os homes. Sí hai diferencias en relación á xornada de traballo. As mulleres sufren máis que os homes as longas xornadas de traballo.

Segundo se explica dende a Universidade de Bordeaux, traballar moitas horas creará máis transtornos e máis problemas de saúde para as mulleres que para os homes. Este feito sen dúbida é debido a que gran cantidade do traballo non remunerado, como o traballo doméstico, continúa a ser realizado por mulleres.

Ademáis como fontes de frustración derivadas do traballo, atopamos a remuneración salarial, que segue a ser motivo de discriminación, estimándose que na actualidade a brecha salarial está en torno  a un 16%  de media na UE, que a representación das mulleres nos sectores peor pagados segue a ser alta e a súa presencia nos postos de toma de decisións baixa, a pesares dos esforzos lexislativos dos últimos anos, que priman a incorporación das mulleres aos consellos de administración e que fixeron que a súa presencia crecera nun 7,6%.

En Suecia, paradigma de sociedade progresista, o Goberno estableceu hai uns anos un comité investigador para averiguar por qué as mulleres tiñan un índice de absentismo maior que os homes. A investigación determinou que determinados sectores estaban ocupados maioritariamente por mulleres ou por homes, e que o sector inflúe notablemente nas consecuencias que ten o traballo para a sáude. Como exemplo cítanse o sector de atención social domiciliaria onde só o 8% dos traballadores/as son homes e onde o 40 % das traballadoras do sector teñen contrato a tempo parcial e o sector de servizos técnicos, onde o 75% son homes.

Segundo a investigación, no sector da atención social domiciliaria as condicións de traballo son particularmente difíciles en relación ao horario, que é flexible para garantir o cuidado axeitado, feito que vai influíndo de xeito negativo nas traballadoras, pois entre outras cousas, non é posible controlar a hora de saída. En comparación, no sector de servizos técnicos, sector predominantemente masculino, os traballos adoitan realizarse con maquinaria que pode pararse no momento preciso e é posible continuar as labores onde se deixaron na seguinte xornada laboral, polo que a saída do traballo non se demora.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS