Co financiamento de:
/ Igualdade

A crise acentúa as diferenzas de xénero en episodios de baixa laboral

03-06-2016 - CISAL

O CiSAL -Centro de investigación en Saúde Laboral da Universidade Pompeu Fabra- realizou un estudo, publicado na revista Social Science and Medicine, para determinar o impacto da crise económica global na saúde dos/as traballadores/as, centrándose na duración das ausencias laborais causadas por afectacións en principio non relacionadas co traballo (incapacidades por enfermidade común).

O equipo científico que levou a cabo a investigación, liderado por Fernando G. Benavides, investigador principal no CiSAL, comparou os datos de oito mutuas laborais que cubrían a case un millón de traballadores/as en total durante os anos 2006 e 2010.

Os resultados mostran un ascenso no número de incapacidades por enfermidade común: pasouse de 441.689 episodios no ano 2006 ata os 541.419 en 2010. O ascenso foi moi notable no caso das mulleres, onde o número de episodios de ausencia laboral incrementouse en máis do 50%. Con todo, a investigación demostra que a duración destes episodios en mulleres diminuíu.

Observaron tamén que as enfermidades máis comúns relacionadas coas ausencias laborais debidas a doenzas non desenvolvidas no posto de traballo son as afectacións musculoesqueléticas, respiratorias e infecciosas. As afectacións que provocan unhas ausencias máis longas son os trastornos mentais. O equipo de investigación destaca a presenza dun aumento no número de casos de ausencias debidas a trastornos mentais no ano 2010, que se dobrou no caso das mulleres.

Para determinar o impacto que teñen as diferenzas de xénero na vida laboral dos/as traballadores/as, o CiSAL elaborou outro estudo, publicado na revista Journal of Epidemiology and Community Health, centrado unicamente nas baixas por afectacións musculoesqueléticas (lumbago e ciática na súa maioría).

Este segundo estudo, baséase en máis de 350.000 casos de ausencia laboral por incapacidade debida a afectacións musculoesqueléticas en principio non relacionadas co traballo e rexistrados en Cataluña entre os anos 2005 e 2008.

Os resultados revelan que este tipo de baixas son máis longas en mulleres. En homes obsérvase unha tendencia para alongar a baixa a medida que aumenta a idade, mentres que este patrón non se dá en mulleres. Este comportamento observouse sobre todo nos casos de lumbago, un dos trastornos máis comúns e custosos da ausencia laboral en principio non relacionada co traballo.

Segundo Fernando G. Benavides “é moi probable que a duración máis longa das baixas en mulleres débase ás desigualdades moi presentes á hora de dividir o traballo remunerado e o doméstico segundo o xénero. As mulleres son as que normalmente asumen múltiples roles, cousa que lles provoca unha sobrecarga de traballo que pode influír na saúde e, por tanto, na duración da baixa”.

A relación entre as mulleres e unha maior duración das ausencias laborais en principio non relacionadas co traballo, así como a influencia do xénero á hora de dividir o traballo, tanto doméstico como o remunerado, son cuestións que requiren unha atención especial para poder entender o seu efecto e mellorar a xestión “absentismo laboral”.  A importancia deste asunto acrecéntase no clima actual de inestabilidade económica, no que as condicións laborais sofren cambios que poden afectar negativamente á saúde.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS