Financiado por:
/ Gabinete

Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 40

01-10-2021 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral – CIG

O pasado día 28 de xuño deste ano 2021 a Comisión Europea fixo público mediante unha nota de prensa, o seu novo marco estratéxico para garantir a saúde e a seguridade das persoas traballadoras nun mundo laboral cada vez máis complexo e en constante cambio. O novo marco estratéxico ten a vontade de ser válido e estar vixente no período que abrangue dende o ano 2021 ata o ano 2027, ámbolos dous incluídos. Como os tres obxectivos principais enuncia: “anticipar e xestionar o cambio para garantir lugares de traballo seguros e saudables durante as transicións dixitais, ecolóxicas e demográficas”, “fortalecer a prevención de accidentes de traballo e enfermidades profesionais”, e “mellorar a preparación para posibles crises de saúde futuras, extraendo leccións da pandemia actual e en estreita colaboración cos axentes de saúde pública”.

Artigos do Boletín CIG Saúde Laboral Nº 40

1. Novo marco estratéxico da UE en materia de prevencióin de riscos laborais (2021-2027).

2. Modificación das sancións por incumprimentos en materia de prevención de riscos laborais.

3. Prolongación forzada da vida laboral e desemprego estrutural da xente nova: un novo crime social do neoliberalismo.

4. Formación en prl: da obriga empresarial a un lucrativo negocio. Desafíos de presente e futuro.  

O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 40 pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral únicamente se publica en formato dixital.

Se estás interesado/a en recibir o Boletín CIG - Saúde Laboral na túa caixa de correo, podes darte de alta premendo aquí

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS