20/3/2012
Seguridade
A directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga), Adela Quinzá-Torroja, asegurou en Lugo que a sinistralidade laboral aínda que "baixou na maioría de sectores" creceu no sector da silvicultura e forestal, mentres que se mantivo na "agricultura".
En rolda de prensa, explicou que o comportamento é "non bo" en silvicultura e forestal, cun "crecemento do índice de incidencia en Galicia, o ano pasado, dun 10,92% e en Lugo é dun 16,27%". "Isto quere dicir que ocorren sete veces máis accidentes en silvicultura e forestal que no resto de sectores", recalcou.