18/11/2011
INSHT
O INSHT ven de publicar na súa páxina web unha nova ferramenta orientada fundamentalmente ás Pemes, e dentro delas ás que desenvolven a súa actividade nos sectores da sanidade, hostalería, educación e transporte e almacenamento, sendo posible a súa utilización noutros sectores de actividade que poidan ter casos de violencia ocupacional externa como pode ser a banca, os comercios, etc.