Financiado por:
Novidades lexislativas:
BOE 2/2/19 Orde TMS/83/2019, cotización SS, desemprego, cesamento actividade, FOGASA e FPDOG 18/2/19 Decreto 177/2018, apróbase Plan reitor uso e xestión P. N. Illas Atlánticas de Galiza.DOUE 31/01/19 Directiva 2019/130 modifica Directiva 2004/37/CE axentes carcinóxenos/mutáxenos traballo.
LexislaciónDelegadosActuación preventivaPRL SectorialBoletín CIG - Saúde LaboralAsesoramento técnico

Boletín CIG – Saúde Laboral Nº 30

20-12-2018 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG

O futuro do traballo presenta múltiples desafíos como as dificultades de emprego dos traballadores/as novos/as, as grandes desigualdades nos ingresos salariais, as relacións laborais informais, a revolución dixital, os procesos de innovación tecnolóxica e organizativa, a automatización e a robotización, as desigualdades de xénero, o envellecemento da poboación traballadora, o escaso desenvolvemento da economía rural, a menor sostenibilidade do emprego, o deterioro da protección social ou o debilitamento da negociación colectiva. Ante esta problemática, son numerosas as aportacións que dende fontes autorizadas comezan a realizarse na procura de solucións, entre as que destacan a creación de impostos aos automatismos que sustitúan o traballo humano ou a implantación do chamado “ingreso básico universal”

FDN 25 - Tractores: comercialización e uso

18-02-2019 - INSST

O INSST pon a disposición a Ficha de Divulgación Normativa 25 -FDN- "Tractores: comercialización e uso". O obxecto desta ficha é identificar e desenvolver os distintos aspectos normativos de seguridade e saúde aplicables á comercialización e utilización dos tractores a fin de que sexan coñecidos polos usuarios á hora de adquirilos e utilizalos como equipo de traballo no campo ou como vehículo pola vía pública.

Análise sobre a dobraxe de cubertas de amianto-cemento no Estado: propostas de actuación preventiva

15-02-2019 - INSST

O INSST pon a disposición este documento no que analiza a situación actual das cubertas de amianto-cemento no Estado, a doblaxe de cubertas e as actuacións técnicas e administrativas na doblaxe de cubertas de amianto-cemento.

O futuro do sector comerciante polo miúdo dende o punto de vista da seguridade e saúde no traballo.

14-02-2019 - EU-OSHA

Neste artigo publicado en OSHwiki, valóranse algunhas das posibles implicacións para a saúde ocupacional dos traballadores e traballadoras do comercio electrónico del futuro.

Guías para unha docencia universitaria con perspectiva de xénero Rede Vives

13-02-2019 - FORMACIÓN

Colección de once obras de diferentes disciplinas e áreas de coñecemento, cuxo obxectivo é, por unha banda, ofrecer recursos ao profesorado universitario para axudarlles a prestar atención ás dinámicas de xénero na contorna de aprendizaxe e adoptar medidas que garantan a atención á diversidade de estudantes. Doutra banda, o alumnado pode dispoñer a través delas de ferramentas para identificar os estereotipos, as normas e os roles sociais de xénero, desenvolver o seu espírito crítico e adquirir competencias que lle permitan evitar a cegueira ao xénero na súa futura práctica profesional.

Novos datos sobre a exposición a substancias perigosas no traballo

12-02-2019 - EU-OSHA

Esta publicación describe o desenvolvemento de novos métodos para avaliar o número de persoas traballadoras expostas a substancias perigosas na UE e o alcance desa exposición. O obxectivo do estudo foi identificar as substancias e os sectores que presentan maiores riscos para os traballadores e traballadoras, examinando as tendencias ao longo do tempo.

Ratifican o fallo que declara accidente laboral o suicidio dun traballador de banca

11-02-2019 - SENTENZA

O fallo desestima o recurso de suplicación interposto pola mutua e por Cajamar, no que se expuxo que ao non constar que o traballador estivese sometido a presións de carácter laboral, nin conflito coa empresa ou cos compañeiros de traballo, debía prevalecer o criterio da voluntariedade da decisión do traballador pero desvinculándoa da realización do seu traballo.

Lanzamento de proba para a execución de ESENER-3

08-02-2019 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

A Enquisa europea de empresas sobre riscos novos e emerxentes, ESENER, é unha ampla enquisa que analiza como os lugares de traballo europeos xestionan os riscos de seguridade e saúde na práctica.

O efecto sobre a saúde dos riscos psicosociais no traballo: unha visión xeral

08-02-2019 - INSST

Este informe céntrase na tensión e os efectos sobre a saúde provocados pola exposición a riscos psicosociais. Aínda que non se dispón de información a nivel internacional sobre a prevalencia de exposicións concretas a riscos psicosociais, pódense realizar estimacións a partir dos datos de vixilancia nacional e internacional para controlar os devanditos riscos psicosociais. Esta análise establece a base sobre a que se poderá estimar a exposición a este tipo de riscos.

A Unión Europea amplía a lista de substancias químicas canceríxenas no lugar de traballo con valor límite vinculante

07-02-2019 - COMISIÓN EUROPEA

O pasado 29 de xaneiro o Parlamento Europeo, o Consello e a Comisión chegaron a un acordo provisional sobre a terceira proposta da Comisión de ampliar a lista de substancias químicas canceríxenas recoñecidas no lugar de traballo. Grazas a este acordo, a Directiva sobre axentes carcinóxenos ou mutáxenos regulará cinco substancias químicas canceríxenas adicionais: cadmio e os seus compostos inorgánicos; berilio e os seus compostos inorgánicos; ácido arsénico e os seus sales, así como os compostos inorgánicos de arsénico; formaldehido e 4,4'-metilenbis (2- cloranilina) (MOCA).

Recibe as novas do noso boletín dixital




Formación
I+D+i
Datos estatísticos
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS