Financiado por:
Novidades lexislativas:
LEXISLACIÓN ESPECÍFICA RISCOS QUÍMICOSTRANSPORTE. Normativa específicaRESIDUOS
LexislaciónDelegadosActuación preventivaPRL SectorialBoletín CIG - Saúde LaboralAsesoramento técnico

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 29

11-10-2018 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG

Son moitos os elementos potencialmente carcinóxenos que actualmente podemos atoparnos nas contornas de traballo, que interveñen en distintos procesos produtivos ou incluso son consecuencia dos mesmos. Neste senso resulta preocupante que sexan moi numerosas as empresas e moi numerosos os/as traballadores/as, que non son conscientes desta situación. No marco da UE cada ano calcúlase que 120.000 traballadores/as vense afectados por un cancro de orixe laboral que remata costando ao redor de 80.000 vidas humanas, sendo a primeira causa de morte relacionada co traballo.

Normas en materia de seguridade e saúde no traballo

11-10-2018 - OIT

Cada día morren 6.300 persoas por mor de accidentes ou enfermidades relacionadas co traballo: máis de 2,3 millóns de mortes por ano. Anualmente ocorren máis de 317 millóns de accidentes no traballo. O custo desta adversidade diaria é enorme e a carga económica das malas prácticas de seguridade e saúde estímase nun 4 por cento do Produto Interior Bruto global de cada ano.”

Sanción a Metro de Madrid por tardar dous anos en recoñecer a enfermidade a un traballador con asbestose

10-10-2018 - ITSS

A empresa coñecía en 2016 que uno dos seus empregados estaba diagnosticado de asbestose. A pesares diso, non tomou ningunha medida para protexer ao resto de traballadores ata 2018, pasados dous anos, cando a Inspección de Traballo enviou un requirimento que obrigaba á empresa a comezar a actuar. Só nese momento, Metro de Madrid rexistra ao traballador en CEPROSS, o rexistro de enfermidades profesionais.

El Tribunal Supremo considera accidente laboral un desprendemento de retina

09-10-2018 - Sentenza

O Tribunal Supremo considerou como accidente laboral o desprendemento de retina sufrido por unha empregada da Seguridade Social mentres traballaba diante do ordenador. O tribunal estimou o recurso para a unificación de doutrina presentado pola traballadora, que sentiu molestias nos ollos e alteracións visuais cando realizaba as súas funcións diante do ordenador na oficina.

Unha empresa, logo de probar a semana laboral de catro días, adopta este horario para sempre

08-10-2018 - Psicosocial

Unha empresa neozelandesa dedicada á xestión de patrimonio realizou unha proba cos seus 240 empregados durante os meses de marzo e abril; durante ese tempo reduciron a catro días a súa semana laboral pero gañando o mesmo que se traballasen cinco días. Tras asegurar que o experimento foi un éxito, a empresa decidiu implantar o novo horario de maneira definitiva.

O conselleiro delegado, o encargado e o xefe de produción dunha empresa agrícola, condenados tras un accidente de traballo

05-10-2018 - Sentenza

O Xulgado do Penal Tres de Albacete condenou a tres homes como responsables dun delito contra os dereitos dos traballadores, a unha pena de seis meses de prisión e multa de 2.400 euros cada un deles, así como por un delito de lesións imprudentes a outros seis meses de cárcere. Así mesmo, deberán indemnizar ao traballador accidentado con 110.000 euros. A sentenza suspende polo prazo de dous anos a execución das penas de 12 meses de prisión dos tres condenados, quedando condicionada a que os penados non volvan delinquir no prazo indicado.

O INSST publica novas fichas DLEP

04-10-2018 - INSST

O INSST actualiza a documentación correspondente á información toxicolóxica que sirve para establecer os límites de exposición profesional para os axentes químicos, DLEP, con 10 novas fichas.

A folla de ruta sobre carcinóxenos en vídeo

03-10-2018 - AXENCIA EUROPEA DE SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO

Responsable de máis de 100.000 mortes cada ano, o cancro é a principal causa de mortalidade relacionada co traballo na UE. O 25 de maio de 2016, seis organizacións europeas asinaron un convenio polo que se comprometían a un plan de acción voluntaria para concienciar sobre os riscos derivados da exposición a axentes carcinóxenos no lugar de traballo e intercambiar boas prácticas: a Folla de ruta.

O xulgado recoñece un ictus como accidente laboral

02-10-2018 - SENTENZA

O Xulgado do Social número 6 de Bilbao recoñeceu como accidente laboral un infarto cerebral sufrido por un traballador mentres se atopaba no lugar de traballo; a mutua negou dita condición alegando que o ictus se derivaba dunha enfermidade común. A sentenza falla a favor do demandante e recoñece o proceso de incapacidade temporal iniciado ao declarar o accidente vascular como unha continxencia profesional.

A conciliación como factor determinande á hora de elexir traballo

01-10-2018 - CONCILIACIÓN

Segundo o informe Randstad Employer Brand Research 2018, no que se analizan os factores que farían que un profesional elixise unha ou outra empresa para desenvolver a súa carreira laboral, para o 55 % dos/as traballadores/as do Estado español, a conciliación é un factor determinante para elixir a empresa na que traballa.

Recibe as novas do noso boletín dixital




Formación
I+D+i
Datos estatísticos
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS