Co financiamento de:
Novidades lexislativas:
DOUE 6/2/24 Recomendación (UE) 2024/440 Comisión, coeficientes dose efectiva e equivalente Directiva 2013/59/EuratomBOE 28/02/24 Orde PJC/133/24 modifica RD 219/13 substancias perigosas aparatos eléctricosBOE 15/3/24 R MSC 496 e 497, Enmendas de 2022 ao Protocolo Convenio Internacional para a seguridade da vida humana no mar
CoronavirusLexislaciónDelegadosActuación preventivaRiscos específicosBoletín CIG - Saúde LaboralAsesoramento técnico

Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 50

22-03-2024 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIG

Atendendo á información estatística recentemente publicada polos organismos públicos, na Galiza no ano 2023 o conxunto dos accidentes de traballo (leves, graves e mortais) con baixa na xornada laboral (exclúe os accidente in itínere), pasou de 25.732 accidentes no ano 2022 a 27.274 accidentes no ano 2023, acadando así a sinistralidade laboral global neste pasado ano un incremento do 5,99% en relación ao anterior ano 2022. No que atinxe aos accidentes in itínere (aqueles que se producen no traxecto de ida e volta ao traballo dende o fogar da persoa traballadora), no ano 2023 producíronse 3.149 fronte aos 2.670 que tiveron lugar no 2022, dato que supón un incremento deste tipo de accidentes do 17,94%. Mais se en algo segue desgraciadamente destacando o noso País é na elevada proporción de accidentes laborais de carácter mortal; un ano máis Galiza sitúase novamente nos primeiros postos do ranquing de mortos por accidente laboral, acadando unha incidencia de 4,84 sinistros con resultado de morte por cada 100.000 persoas traballadoras, case o dobre do índice de incidencia Estatal (2,92); a destacar o incremento da accidentabilidade mortal das mulleres traballadoras galegas que é un 300% maior que no ano 2022.

FTA-04/A24. Sílice cristalina respirable

27-03-2024 - INSST

O INSST pon a disposición a “FTA-04/A24. Toma de mostra e análise para a determinación de sílice cristalina respirable - Método de captación en filtro/Difracción de raios X”, da colección FTA que inclúe fichas, específicas para cada axente ou familia de axentes químicos, que proporcionan aos técnicos/as de prevención unha información simple e detallada para medir a exposición dos traballadores/as e poder comparar cos valores límite de exposición profesional.

O informe da OMS revela que as desigualdades de xénero están na orixe da crise mundial do traballo no sector da saúde e asistencial

25-03-2024 - OMS

O novo informe publicado pola Organización Mundial da Saúde, “Fair share for health and care: gender and the undervaluation of health and care work”, mostra de que maneira as desigualdades de xénero no traballo no sector da saúde e asistencial afectan negativamente ás mulleres, os sistemas de saúde e os resultados de saúde. O informe recalca que o sector da saúde e asistencial caracterízase por uns salarios baixos e unhas condicións de traballo esixentes. A desvalorización dos coidados, un traballo que efectúan principalmente mulleres, incide negativamente nos salarios, as condicións de traballo, a produtividade e a pegada económica do sector.

Calculador e App: Atenuación dos protectores auditivos - Ano 2024

26-03-2024 - INSST

Esta aplicación calcula a atenuación do ruído que ofrece un protector auditivo cunha exactitude media-alta a partir dos valores H, M, L que adoitan aparecer no folleto do fabricante e dos niveis de ruído globais ponderados A e C obtidos a partir da medición do ruído ambiental.

Orientacións para a integración da prevención de riscos laborais no deseño de cubertas. 2024

21-03-2024 - INSST

A finalidade deste documento é facilitar orientacións para que aqueles/as profesionais con competencias para proxectar edificacións téñanas en consideración durante o deseño das mesmas e, desta forma, concíbanse edificacións con cubertas seguras. As pautas recollidas no presente documento servirán tanto para proxectos de obra nova de edificios (naves industriais, vivendas unifamiliares, edificios de usos múltiples etc.)/ etc.) como para proxectos de rehabilitación ou de reforma que afecten á cuberta dunha edificación xa existente.

Novidades MTA: Determinación de diisocianato de 2,6-tolueno en aire

21-03-2024 - INSST

Este método describe o procedemento para a determinación de diisocianato de 2,6-tolueno en aire, mediante a técnica de captación en filtro impregnado de 1-(2-piridil) piperazina/cromatografía líquida de alta resolución. Este método de toma de mostra e análise desenvolveuse para determinar a concentración media ponderada no tempo de 2,6-TDI no aire, en toma de mostras persoais e en lugares fixos. Por iso, pode ser utilizado para realizar medicións para comparar cos valores límite de exposición profesional e medicións periódicas.

Protexéndonos de po de madeira

14-03-2024 - OTP Prevención de riscos laborais

O po de madeiras duras está presente en practicamente todas as carpinterías e en empresas de montaxe de mobles, onde debido ao lixado ou ao corte, prodúcese un po en suspensión que a través das vías respiratorias entra no noso organismo causando riscos para a saúde das persoas traballadoras como cancro na cavidade nasal e seos paranasais, e/ou accidentes laborais como explosións ou incendios.

Datos do 4º trimestre de 2023 de Sinistralidade e Enfermidades profesionais en Galiza

13-03-2024 - ISSGA

Datos de Enfermidades Profesionais e Sinistralidade do 4º trimestre de 2023, referidos a Galiza, desagregados por provincias e sector de actividade

Guía de acción sindical ante a incapacidade temporal e outras prestacións

12-03-2024 - CIG-Confederación Intersindical Galega

Esta Guía da CIG vaise centrar na xestión da incapacidade temporal e outras prestacións e nos problemas e atrancos que ten que soportar a clase traballadora, derivados, non do mal funcionamento das mutuas, senón do papel real que xogan. As mutuas cumpren unha función moi clara, non só porque representan a privatización da saúde, senón porque se encargan de restrinxir o acceso á IT, ás veces, incluso, de xeito delituoso.

Atmosferas explosivas

06-03-2024 - UNIZAR-Universidade de Zaragoza-

Este documento elaborado pola Universidade de Zaragoza –Unidade de Prevención de riscos laborais-, proporciona información detallada sobre atmosferas explosivas, concretamente: definición, tipo e parámetros, clasificación de zonas, equipos para zonas ATEX, fontes de ignición, medidas preventivas, normativa relacionada e preguntas frecuentes

Recibe as novas do noso boletín dixital




PRL Sectorial
Formación
I+D+i
Datos estatísticos
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS