SAÚDE
03/11/2017
Un informe científico "suprimido" e “enterrado” por altos funcionarios da Unión Europea podería ter conducido á prohibición inmediata de 31 pesticidas con vendas por valor de miles de millóns de euros. O informe recomendaba diversas maneiras de identificar os disruptores endocrinos nos pesticidas vinculados con anomalías fetais, mutacións xenitais, infertilidade e outras enfermidades.
 
/Calculador peso NIOSH
NIOSH
02/11/2017
NIOSH lanzou recentemente unha aplicación para dispositivos móbiles, NLE Calc, que axuda aos usuarios a determinar uns límites de elevación de carga seguros.
 
/Mobbing
PSICOSOCIOLOXÍA
31/10/2017
A utilización tendenciosa de falsas crenzas e argumentos, moitas veces propiciados pola propia empresa ou organización, tenden a perpetuar as situacións de violencia, dificultando que a sociedade protexa axeitadamente ás vítimas de acoso moral no traballo, a pesares de que estas/es non se correspondan coa realidade e polo tanto sexan falsos/as e rebatibles. Asumir consciente ou inconcientemente este tipo de falsas crenzas e argumentos, en moitos casos vinculados a estrutura xerárquica da empresa ou organización, implica favorecer a quenes practican o acoso.
 
/Informe accidentes laborais de tráfico
INSSBT
31/10/2017
O Instituto Nacional de Seguridade Saúde e Benestar no Traballo vén elaborando, desde 2007, informes relativos á sinistralidade laboral relacionada co tráfico. No documento actual preséntanse os resultados correspondentes ao ano 2016, tentando desta maneira contribuír á prevención eficaz destes sinistros, poñendo de manifesto a necesidade de tomar medidas que contribúan na redución destes sinistros e vixiando a evolución desta sinistralidade que reflicte unha tendencia ascendente desde o ano 2012.
 
 
GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG
29/12/2016
No actual contexto no que a esperanza de vida supera en 20 anos a idade de abandono da actividade laboral, as previsións para a sociedade española indican que de cara ao ano 2.050 teremos menos poboación e máis avellentada. Neste horizonte temporal relativamente próximo, dende os distintos estados da UE considérase necesario incrementar a participación laboral dos traballadores e traballadoras maiores, retrasando a súa idade de saída do mercado laboral como medio para aliviar no posible a presión sobre os sistemas de protección social. O Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral ven de publicar a Guía "Seguridade e Saúde Laboral para traballadores e traballadoras maiores de 55 anos: riscos novos e emerxentes", incluída dentro do proxecto do mesmo título no que estivemos a traballar neste ano 2016.
 
Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG
27/07/2017
O Acordo Marco Autónomo sobre o Envellecemento Activo cun enfoque Interxeracional é o resultado das negociacións mantidas entre as patronais europeas (Eurobusiness, CEEP e UAPME) e a Confederación Europea de Sindicatos (CES), co fin de abordar a participación activa dos/as traballadores/as de maior idade no mercado laboral dende un enfoque interxeracional. Neste documento promóvese a transferencia de coñecementos e experiencias no lugar de traballo así como o emprego de ferramentas e a implementación de medidas destinadas ao acondicionamento dos lugares de traballo, a adaptación dos procesos produtivos, a reasignación e redistribución de tarefas, a realización de avaliacións de riscos específicas e eficaces en relación a esta problemática, programas de sensibilización para a mellora voluntaria dos hábitos de saúde e a adopción de medidas que aborden a protección física e psicolóxica dos/as traballadores/as de maior idade.