GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG
29/12/2016
No actual contexto no que a esperanza de vida supera en 20 anos a idade de abandono da actividade laboral, as previsións para a sociedade española indican que de cara ao ano 2.050 teremos menos poboación e máis avellentada. Neste horizonte temporal relativamente próximo, dende os distintos estados da UE considérase necesario incrementar a participación laboral dos traballadores e traballadoras maiores, retrasando a súa idade de saída do mercado laboral como medio para aliviar no posible a presión sobre os sistemas de protección social. O Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral ven de publicar a Guía "Seguridade e Saúde Laboral para traballadores e traballadoras maiores de 55 anos: riscos novos e emerxentes", incluída dentro do proxecto do mesmo título no que estivemos a traballar neste ano 2016.
 
/Portada Boletín CIG Saúde Laboral Nº 25 galego
Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG
27/07/2017
O Acordo Marco Autónomo sobre o Envellecemento Activo cun enfoque Interxeracional é o resultado das negociacións mantidas entre as patronais europeas (Eurobusiness, CEEP e UAPME) e a Confederación Europea de Sindicatos (CES), co fin de abordar a participación activa dos/as traballadores/as de maior idade no mercado laboral dende un enfoque interxeracional. Neste documento promóvese a transferencia de coñecementos e experiencias no lugar de traballo así como o emprego de ferramentas e a implementación de medidas destinadas ao acondicionamento dos lugares de traballo, a adaptación dos procesos produtivos, a reasignación e redistribución de tarefas, a realización de avaliacións de riscos específicas e eficaces en relación a esta problemática, programas de sensibilización para a mellora voluntaria dos hábitos de saúde e a adopción de medidas que aborden a protección física e psicolóxica dos/as traballadores/as de maior idade.
 
/reach
ECHA
08/09/2017
Os inspectores dous 17 países participantes efectuaron un total de 802 inspeccións no marco deste proxecto. O 78% das empresas inspeccionadas eran PEME. A gran maioría das empresas non utilizou (93%) ou comercializou (92%) ningunha das substancias que tiñan data de caducidade en 2015.
 
 
AUTÓNOMOS/AS
04/09/2017
Dende o momento no que se produza a aprobación definitiva da lei, os/as autónomos/as que sufran un sinistro ao ir ou volver do lugar onde desenvolven habitualmente a súa actividade, terán dereito a percibir unha prestación por incapacidade laboral
 
 
ECHA
01/09/2017
Nos próximos tres anos, 22 Estados membros avaliarán 115 substancias, das cales 22 foron seleccionadas recentemente. A partir da data de adopción, os Estados membros dispoñen de 12 meses para avaliar as 22 substancias especificadas para 2017.