GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG
09/10/2012
A reflexión que realiza o Secretario Confederal de Negociación Colectiva e Saúde Laboral, Antolín Alcántara Álvarez, sobre a influencia que a reforma laboral está a ter nos riscos psicosociais aos que a clase traballadora está exposta, abre este número do Boletín CIG Saúde Laboral. A sílice cristalina e valores límite de exposición, o recurso preventivo, a Inspección de Traballo e Seguridade Social, e a sinatura por parte da CIG dun convenio de asistencia para a realización de probas biomecánicas, comprementan o número 3 do Boletín CIG - Saúde Laboral.
 
/Sentencia accidente laboral
PSICOSOCIAL
23/10/2012
Unha xuíza de Bilbao ditou a primeira condena en España por acoso a un funcionario público baseándose na lexislación laboral. Trátase dunha vía máis rápida e efectiva que a contenciosa, que era a única á que tiñan dereito ata agora os traballadores das administracións -incluídos médicos, docentes, etc-, salvo que fosen persoal contratado.
 
/Enfermeiras
PSICOSOCIAL
23/10/2012
Coñeciamos hai uns días o estudo Percepción de estrés nos profesionais de Enfermaría en España, que analizou como a actual situación de recortes e precariedade laboral está a repercutir na saúde dos profesionais de enfermaría e na atención que se presta aos cidadáns.
 
/Xornada Vigo
GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIG
16/10/2012
O Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG segue a traballar no desenvolvemento de actividades formativas en materia de prevención durante este ano 2012.
 
ERGONOMÍA
10/10/2012
Case todos os especialistas sinalan que o primeiro risco a ter en conta na adopción de calquera postura no tempo de traballo é a inmobilidade: "Non" hai "postura ideal: xa sexa que se traballe sentado ou de pé, permanecer na mesma posición durante un longo período é penoso", di un documento do Instituto Nacional de Investigación e Seguridade de Francia (INRS).
 
SAÚDE LABORAL
01/10/2012
Durante a celebración do VII Congreso Nacional para Racionalizar os Horarios, o Secretario de Estado de Servizos Sociais e Igualdade do Ministerio de Sanidade avogou pola necesidade de homologar os horarios con respecto aos veciños europeos; o motivo non é outro que a produtividade, parece ser que os nosos veciños europeos nos gañan en produtividade e o tema dos horarios non é alleo a esta cuestión.
 
SEGURIDADE
05/10/2012
Os accidentes de tráfico en desprazamentos de traballo ("in misión" ou "in itínere") orixinan a terceira parte das mortes por accidentes laborais en España. Non obstante, só o 13% das empresas teñen un plan de prevención en mobilidade.