Confederación Intersindical Galega - Gabinete técnico de Saúde Laboral - 16/10/2012
Ademais dos cursos básicos en prl que están a desenvolverse en A Coruña, Ferrol, Ourense, Sarria, Vilagarcía, Verín e Cee, durante este mes de outubro realizáronse ata o momento Xornadas Técnicas sobre os temas “Primeiros auxilios”, “Ergonomía e biomecánica no eido laboral”, “Riscos laborais nas áreas de hospitalización” e Cursos Monográficos centrados na prevención de riscos no sector naval.
Para ilustrar esta nova, achegamos imaxes da Xornada Técnica celebrada en Vigo o pasado día 9 de outubro, que co título “Ergonomía e biomecánica no eido laboral” reuniu en torno a 150 delegados e delegadas e na que participaron como ponentes o Xefe do Centro ISSGA-Pontevedra, José Antonio Rodríguez Arribe, e Alejandro Alfonso Cornes, responsable de UMANA, Centro sanitario de investigación biomecánica aplicada.
Pódese seguir a programación no apartado de eventos da portada da nosa web.
1