SAÚDE LABORAL
25/09/2012
O Ministerio Fiscal alertou de que a crise económica está a relegar a un segundo plano a auténtica dimensión do problema da sinestralidade laboral, que en 2011 provocou 520 mortes e máis de medio millón de lesionados en accidentes no traballo. Segundo a memoria anual das actividades en 2011, presentada polo Ministerio Fiscal, produciuse unha "especie de apatía" tanto nos medios de comunicación coma en campañas institucionais, o que trascende ao tecido social.

