GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG
03/07/2012
A terceira entrega do Boletín CIG - Saúde Laboral xa está dispoñible. Partimos dun editorial no que Antolín Alcántara Álvarez, Secretario Confederal de Negociación Colectiva e Saúde Laboral, aborda en parte as consecuencias que para os traballadores e traballadoras está tendo a implantación da reforma laboral, consecuencias estas que se reflicten nun deterioro das condicións de traballo, da saúde laboral e da calidade de vida do conxunto da poboación. Artigos nos que se tratan temas relacionados co amianto, a protección da maternidade, as mutuas ou a biomecánica, completan o sumario deste número.
 
/Incendio Pakistán
SEGURIDADE
14/09/2012
Preto de tres centenares de persoas morreron nun incendio que arrasou o pasado día 12 de setembro unha fábrica de material téxtil na cidade de Karachi, no sur de Paquistán, nun dos peores sinistros da historia do país surasiático.
 
/feve
SEGURIDADE
14/09/2012
A empresa Ferrocarriles de Vía Estreita (FEVE) foi sancionada cunha multa de 40.986 euros "por unha infracción moi grave en materia de prevención de riscos laborais", segundo se recolle na resolución.
 
/Arroba
PSICOSOCIAL
12/09/2012
O exceso de correos electrónicos que se xestiona nas empresas está relacionado cun incremento de estrés dos traballadores, así como coa perda de produtividade das compañías, segundo un estudo elaborado pola Universidade Católica de Lovaina, en Bélxica.
 
SEGURIDADE
29/08/2012
A normativa SEVESO nace a raíz de varios accidentes industriais como o de Flixborough (Reino Unido) en 1974 e sobre todo o de Séveso (Italia), acontecido en 1976 nunha pequena planta química; neste accidente produciuse a liberación de grandes cantidades da dioxina TCDD que afectaron tanto á poboación coma ao medio.
 
OBSERVATORIO ESTATAL DE CONDICIÓNS DE TRABALLO
05/09/2012
O Observatorio Estatal de Condicións de Taballo ven de publicar o informe interanual de sinistralidade que abarca o período comprendido entre xuño de 2011 e xullo de 2012.
 
SEGURIDADE SOCIAL
23/08/2012
A Seguridade Social recorrerá finalmente ao Fondo de Prevención e Rehabilitación para apoiar o pagamento das prestacións. En concreto, fará uso de 4.400 millóns de euros, practicamente a totalidade da dotación do fondo, que conta con algo máis de 4.646 millóns, segundo datos que manexa o Goberno aos que tivo acceso Europa Press.