GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG
03/07/2012
A terceira entrega do Boletín CIG - Saúde Laboral xa está dispoñible. Partimos dun editorial no que Antolín Alcántara Álvarez, Secretario Confederal de Negociación Colectiva e Saúde Laboral, aborda en parte as consecuencias que para os traballadores e traballadoras está tendo a implantación da reforma laboral, consecuencias estas que se reflicten nun deterioro das condicións de traballo, da saúde laboral e da calidade de vida do conxunto da poboación. Artigos nos que se tratan temas relacionados co amianto, a protección da maternidade, as mutuas ou a biomecánica, completan o sumario deste número.
 
/Arroba
PSICOSOCIAL
12/09/2012
O exceso de correos electrónicos que se xestiona nas empresas está relacionado cun incremento de estrés dos traballadores, así como coa perda de produtividade das compañías, segundo un estudo elaborado pola Universidade Católica de Lovaina, en Bélxica.
 
/Adicción traballo
PSICOSOCIAL
10/09/2012
A porcentaxe de adictos ao traballo en España é hoxe dun 4'6% e en pouco máis de tres anos -decembro de 2015- esta cifra podería alcanzar o 11'8% dos traballadores. Así se desprende dun estudo desenvolvido por investigadores da Universitat Politècnica de València, a Universitat Jaume I de Castelló e a Universidade do País Vasco.
 
/ipad seguridade traballo
EU-OSHA
10/09/2012
A aplicación forma parte da campaña 2012-2013 da Axencia Europea para a Seguridade e Salúd no Traballo Traballos Saudables "Traballando xuntos para a prevención de riscos" e inclúe ferramentas e recursos moi útiles tanto para os traballadores coma para os seus xefes.
 
SAÚDE
28/08/2012
Algunha vez oíron falar da síndrome da pantalla visual, da nomofobia, da hipersensibilidade electromagnética e das e-drugs? Son as doenzas do século XXI, as que naceron na era da informática e dos gadgets. Son as tecnodolencias.
 
Observatorio de Continxencias Profesionais da Seguridade Social
24/08/2012
Segundo as estatísticas ofrecidas polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social no Observatorio das Continxencias Profesionais da Seguridade Social, os axentes que causaron un maior número de enfermidades profesionais dende xaneiro a abril deste ano foron enfermidades provocadas por posturas forzadas e movementos repetitivos no traballo e hipoacusia ou xordeira provocada polo ruído.
 
SEGURIDADE SOCIAL
23/08/2012
A Seguridade Social recorrerá finalmente ao Fondo de Prevención e Rehabilitación para apoiar o pagamento das prestacións. En concreto, fará uso de 4.400 millóns de euros, practicamente a totalidade da dotación do fondo, que conta con algo máis de 4.646 millóns, segundo datos que manexa o Goberno aos que tivo acceso Europa Press.