GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG
03/07/2012
A terceira entrega do Boletín CIG - Saúde Laboral xa está dispoñible. Partimos dun editorial no que Antolín Alcántara Álvarez, Secretario Confederal de Negociación Colectiva e Saúde Laboral, aborda en parte as consecuencias que para os traballadores e traballadoras está tendo a implantación da reforma laboral, consecuencias estas que se reflicten nun deterioro das condicións de traballo, da saúde laboral e da calidade de vida do conxunto da poboación.
Artigos nos que se tratan temas relacionados co amianto, a protección da maternidade, as mutuas ou a biomecánica, completan o sumario deste número.

