GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG
03/07/2012
A terceira entrega do Boletín CIG - Saúde Laboral xa está dispoñible. Partimos dun editorial no que Antolín Alcántara Álvarez, Secretario Confederal de Negociación Colectiva e Saúde Laboral, aborda en parte as consecuencias que para os traballadores e traballadoras está tendo a implantación da reforma laboral, consecuencias estas que se reflicten nun deterioro das condicións de traballo, da saúde laboral e da calidade de vida do conxunto da poboación. Artigos nos que se tratan temas relacionados co amianto, a protección da maternidade, as mutuas ou a biomecánica, completan o sumario deste número.
 
/Guía ITSS riscos psicosociais
Psicosocial
10/07/2012
No marco de actividades da "CAMPAÑA EUROPEA DE INSPECCIÓN 2012, AVALIACIÓNS DE RISCOS PSICOSOCIAIS", a Inspección de Traballo e Seguridade Social consciente das especiais características dos riscos psicosociais e tendo en conta que a diferenza doutros riscos non existe unha normativa nin europea nin nacional específica respecto diso, procede a divulgar a "GUIA DE ACTUACIÓNS DA INSPECCIÓN DE TRABALLO E SEGURIDADE SOCIAL SOBRE RISCOS PSICOSOCIAIS".
 
/Guía de Conciliación. Secretaría da Muller
SECRETARÍA DA MULLER - CIG
04/07/2012
A Secretaría de Muller da CIG vén de publicar unha Guía sobre Conciliación. Esta guía pretende dar resposta as preguntas máis usuais sobre a maternidade, a paternidade, as prestacións e os permisos relacionados coa conciliación, así como o tratamento da problemática da violencia de xénero e o acoso no traballo. Así mesmo contén medidas, plans e protocolos de igualdade a implantar nas empresas e modelos de solicitude para entregar na empresa.
 
/inmigrantes e saúde laboral
Saúde laboral
13/07/2012
No últimos dez anos, o Estado español pasou de ser un país emisor de emigrantes a ser un receptor de fluxo migratorio. Desde o ano 2000 o estado ten unha das maiores taxas de inmigración do mundo. Actualmente son máis de 5.700.000 persoas procedentes doutros países as que viven no Estado español. No que respecta á poboación economicamente activa, case o 13% é de nacionalidade estranxeira, dos cales o 85% son de países de fóra da Unión Europea. Na actualidade, polos efectos da crise económica e o altísimo desemprego, os fluxos migratorios descenderon moito e mesmo en 2011 produciuse un descenso, por primeira vez na historia, de 37.000 persoas en cifras absolutas.
 
UNIÓN EUROPEA
03/07/2012
De seguido podes acceder a un resumo da Conferencia sobre Seguridade e Saúde no Traballo por parte do Comisionado Europeo de Emprego, Asuntos Sociais e Inclusión que tivo lugar o día 28 xuño de 2012, relacionada coa Estratexia Europea de Seguridade e Saúde no Traballo. (Tradución libre)
 
Hixiene
06/07/2012
O mal uso dos equipos e a súa falta de mantemento favorecen a aparición de catarros, tose, faringitis, rinitis, asma, pneumonía ou dores de cabeza. Por outra banda, o contacto directo do aire acondicionado co corpo, especialmente coas costas ou a cara, pode provocar distintas contraturas musculares, lumbalxia e cervicalxia.
 
Seguridade
06/07/2012
O II Monográfico Forestal Internacional para o Sur de Europa, Galiforest 2012, organizado pola Feira Internacional de Galicia no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón), acolleu unha xornada de formación centrada na seguridade no manexo de maquinaria forestal, na que se constatou a elevada sinistralidade vinculada co uso da motosierra.